Enquisa destinada ás nais e pais do alumnado de 3 anos que se vai incorporar no vindeiro curso aos centros. Proposta de enquisa para que os equipos directivos a inclúan nos sobres de matrícula coa intención de recabar a información sobre a lingua habitual que esixe a administración. Útil tamén para recabar información sociolingüística para os Proxectos Lingüísticos de Centro e para que os Equipos de Educación infantil a poidan empregar nas entrevistas iniciais coas familias.
Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado O número 13 (marzo-abril de 2014) destaca a importancia da adquisición en familia dos hábitos lectores e do almorzo no rendemento escolar do alumnado, explica as adaptacións currículares e ofrece un feixe de propostas de interese para o lecer.
A letra miúda. Revista de sociolingüística para o ensino O número 5 (xaneiro-marzo de 2014) d'A letra miúda acolle o artigo "A planificación lingüística no ensino. O equilibrio lingüístico necesario", de Mercedes Queixas Zas, así como unha reflexión en clave sociolingüística da novela "En vías de extinción", de María Reimóndez.