Imaxe
26 de xuño de 2014
Novas da CGENDL. Nº 3
Subscribir | Desubscribir
 

María Xosé Silvar Sés, Premio Leixaprén 2014

A cantante María Xosé Silvar, Sés, autora que con só dous discos xa é recoñecida como a grande innovación artística da música galega, resultou ser a máis votada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián e a defensa e promoción que fai da lingua galega.



Banco de recursos da Coordinadora Galega de ENDL


Este é un bo momento para facer balance do curso que vén de rematar. O traballo foi intenso e produtivo; de seguro que hai máis dunha actividade, un recurso didáctico e materiais pedagóxicos que poden ser aproveitados por outros/as docentes. O seu lugar pode ser este banco de recursos. Botádelle unha ollada, tomade aquilo que vos guste e compartide os vosos rercursos. 


Ollos de aula, nº 15

Última entrega do curso marcada, como non podía ser doutro modo, pola tempada estival e algunhas das cuestións que máis preocupan ás familias: “Teñen os nenos/as demasiadas vacacións?, responde Belén Caballo Villar, profesora da Fac. de CC.EE. da USC; e “Pódese recuperar o curso no verán?”, temática que aborda a orientadora Cristina Galdo Leal; mentres que a psicopedagoga Lines Salgado incide en como “Recuperar o suspenso”.

 

 

Carta a Valentín García (SXPL): o galego nas ensinanzas de FP

Mediante carta ao SXPL, Valentín García, a CGENDL denuncia a situación de marxinalidade á que se somete o galego na FP, o que impide a adquisión da competencia lingüística en galego dos futuros traballadores e traballadoras.

 

X Curso de Verán Traballando en Lingua



O galego relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades



XVI Encontros para a Normalización Lingüística



Portal das palabras



Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

powered by phpList 3.0.5, © phpList ltd