 |
VII Xornadas de materiais e recursos educativos. Experiencias e recursos para a normalización lingüística
A CGENDL organiza, xunto coa Nova Escola Galega, este encontro o 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Actividade con 10h de formación homologada para o profesorado interesado. Pódese participar como público e/ou presentar materiais e experiencias.
|
.jpg) |
Ollos de aula, a revista para as familias do alumnado
O nº 16 (outubro de 2014) aborda a introdución de hábitos de traballos nos nenos/as, as consecuencias inmediatas da LOMCE e a "aprendizaxe por proxectos", ademais de achegarnos propostas lectoras para toda a familia. |
 |
Videoconferencia A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)
O relator, Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo e responsable da rede TELGalicia, guiará o alumnado na programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico.
|
Comunicados da CGENDL
A CGEND esixiu a dimisión de Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingüística) pola súa ineficaz xestión na promoción da lingua no ensino e na sociedade, así como a falta de apoio aos EDLG. A Coordinadora denunciou tamén a súa exclusión da reunión co Comité de Expertos da UE que avalía o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas.
|
|

O galego deixa de ser a lingua habitual da poboación

Kit para a normalización en rede. Consello da Cultura Galega

Súmate á CGENDL
|