|
- Bioloxía
- Matemáticas
- Física
- Química
- Ciencias da
Natureza
- Tecnoloxía
- Xeoloxía
- Informática
- TIC
- Ciencias da Terra
e Medio Ambiente
Que é a Xornada pola Ciencia en Galego?
Unha xornada dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega, para:
defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas
comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego
divulgar experiencias científicas pensadas e desenvolvidas en galego
|
Quen a protagoniza?
O alumnado e profesorado dos centros de ensino de toda Galicia
Onde?
No salón de actos, no patio do centro, nun lugar céntrico da vila ou cidade…
Como?
Cada centro organiza a súa actividade de divulgación libremente, adaptándose á súa realidade e nivel educativo.
Nas vilas ou cidades grandes poden facerse actividades conxuntas entre varios centros nun mesmo lugar. |
|
|
E ademais…
De quererdes deixar constancia do evento a través de fotografías, vídeos, presentacións, traballos, etc. podedes enviar o material a
correo@coordinadoraendl.org
|