|
Introdución
Con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o vindeiro venres 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. |
|
![]() ![]() |
![]() ![]() |
|||
| VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA
|
VIDEOCONFERENCIA PARA PRIMARIA
|
|||
|
Título: "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" Relator: Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC. Contido: unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial. Destinatarios: alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato. Data e hora: venres 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h. Esta hora vén determinada pola diferenza horaria coa cidade de Natal (Brasil), onde o noso convidado participará nun congreso internacional.
Folleto sobre Ángel Carracedo (CPI A Picota de Mazaricos) |
Título: Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques? Relatora: Mª Isabel Fraga Vila, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade. Contido:A videoconferencia transmitirá un pequeno relatorio sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais. Data e hora: venres 4 de novembro entre as 10:30h e as 11:30h. |
NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: Flash Media Player. INSCRICIÓN Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: nome do centro, departamentos/docentes implicados, niveis educativos en que se vai... desenvolver a actividade, Nº de alumnos/as implicados/as, profesor/a de contacto (tamén correo), e Observacións (dúbidas, suxestións, etc.). |
![]() |
|||