|
|
|
Descargar o cartaz![]() |
||
Introdución Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Relación de centros que participan.
|
|
| VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA
|
|||
Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego). >
![]() Manuel Caeiro Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. Páxina web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/ Sinopse: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego. Destinatarios: Alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato. Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h. Para botar unha olladaTradución de software libre ao galego co Proxecto Trasno: http://www.trasno.net/ Scratch en galego: http://scratch.mit.edu/ (seleccionar abaixo de todo a opción “Galego”) e http://codigooctopus.org Coñecedes a… Ada Lovelace (un e dous e tres), Alan Turing, Dennis Ritchie ou Richard Stallman, promotor do software libre? Portal de software libre http://www.mancomun.org/conecemancomun/queemancomun/ GHANDALF Asociación de software libre sen ánimo de lucro http://www.ghandalf.org/sobre-ghandalf Mallando no Android, sobre programación de aplicacións
|
NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi, e navegador recomendado Firefox) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: Flash Media Player. INSCRICIÓN Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: nome do centro, departamentos/docentes implicados, niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade, Nº de alumnos/as implicados/as, profesor/a de contacto (tamén correo), e Observacións (dúbidas, suxestións, etc.). |
![]() |
|||