|
| VIDEOCONFERENCIA PARA PRIMARIA 26-Abril-2016
|
|||
Título: Arpa Leap Motion. ![]() Susana Oubiña Relatora: Susana Oubiña Falcón. Profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. Currículum da relatora. Sinopse: O reto consiste en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducirémonos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectaremos ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obteremos un instrumento musical (arpa) que poderemos usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans. Destinatarios: Alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO. Data e hora: Martes 26 de abril entre as 11:30h e as 12:30h. |
NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS
PROCESO DE INSCRICIÓN 1.- Por motivos organizativos, os centros interesados deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: 2.- Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Canle de Youtube que emitirá a videoconferencia e no que se darán as instrucións pertinentes. |
||||
|
Queixas de Aisoy1 from Susana Oubiña Falcón on Vimeo. |
![]() |
|||
| Descargar o cartaz |
|||
Introdución Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
|
![]() videoconferencia 2015 |
| VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA
|
|||
Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade. ![]() Xurxo Mariño Relator: Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. Breve nota biográfica. Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente? Destinatarios: Tema acaído para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Data e hora: mércores 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h. Para botar unha ollada
|
NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS INSCRICIÓN 1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: 2.- Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes. |
||||
![]() |
||||