No momento que estamos vivindo consideramos fundamental unirnos para partillar ideas, recursos e ánimos. A dificultade que supón encontrar materiais en galego para determinadas áreas e proxectos pide a difusión dos existentes e achegar ferramentas que poidan resultar de axuda para construÃr outros.
Para dar pasos adiante é preciso coñecernos, encontrarnos e recoñecer o labor que hai detrás da construción dos recursos e de experiencias innovadoras desenvolvidas no ámbito educativo.
Orientado a
Obxectivos
Contidos
Van estar organizadas en dous grandes bloques: un de obradoiros e outro de experiencias.
As sesións de obradoiros irÃan destinadas a formármonos en aspectos nos que teñamos interese. Son variados e vanse realizar en dúas quendas e de xeito simultáneo.
As experiencias tamén son simultáneas e vanse desenvolver en dúas quendas. Ademais das que xa están previstas queda aberto o prazo para que calquera poida presentar unha experiencia e/ou material didáctico ou recurso educativo que elaborase para o ámbito educativo e que dalgún xeito estean contribuÃndo á normalización da lingua galega.
As persoas interesadas en dar a coñecer a súa experiencia ou material, deben facelo a través dos formularios indicados nas páxinas web de NEG ou da CGENDL antes do 1 de outubro. Para poder presentar o material é necesario estar inscrito nos Encontros.
Participantes
100 (Número máximo, dos cales 30 poderán estar en situación de desemprego).
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.