arquivo web



Onde estás:  Inicio > Recursos > Bolsa de recursos




Colaborar enviando un recurso
Recursos
Currículo Outras temáticas Soporte Destinatario Ámbito Obxectivos
Podes buscar unha palabra ou varias combinadas no título.

Título:

Resultados atopados:336
  • Animación stop-motion sobre poemas de Manuel María
  • Animación en stopmotion dalgúns poemas de Manuel María ("Os soños na gaiola") realizada polo alumnado de 3º e 4º do colexio de Cariño. Autoría: Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria Centro: Ceip Manuel Fraga Iribarne (Cariño)

  • Vivindo en galego
  • Vídeo realizado pola Coordinadora de EDNL do Morrazo, composta por moitos centros do Morrazo. Vídeo-selfies feitos polas persoas participantes e cedidos xenerosamente para este vídeo de defensa da língua en todos os sectores profesionais. Moitas persoas famosas e non famosas, todas construíndo país, cultura e lingua. Autoría: Coordinadora de ENDL do Morrazo

  • Poema "A Noite" de Manuel María en Linguaxe de Signos
  • Poema "A noite", de Manuel María, en Linguaxe de Signos, signado por un alumno con diversidade funcional do noso centro. Achégase enlace á páxina web do centro. . Autoría: Alumnado e profesorado de Ensinanzas Básicas Iniciais Centro: EPAPU Albeiros (Lugo)

  • Calendario Escolar 2016-2017
  • Calendario escolar en formatos .pgn (Varios tamaños). Autoría: ENDL

  • Calendario Escolar 2016-2017 en Google Calendar
  • Calendario Escolar 2016-2017 en Google Calendar

  • Axenda Escolar 2016-2017 en One Note de Windows
  • Ferramenta para usuarios de Windows. Inclúe o calendario, as temporalizacións e o seguimento da programación por meses. De fácil uso. Autoría: ENDL

  • Samaín 2016. Materiais para Infantil e Primaria
  • Actividades para Infantil e Primaria sobre o Samaín. Autoría: EDLG CEIP Eusebio da Guarda e e EDLG CEIP Galán Centro: CEIP Eusebio da Guarda da Coruña e CEIP Galán de Arteixo

  • Díptico O Samaín 2016
  • Díptico para anunciar as actividades do Samaín no centro escolar. Autoría: EDLG CEIP Eusebio da Guarda e e EDLG CEIP Galán Centro: CEIP Eusebio da Guarda da Coruña e CEIP Galán de Arteixo

  • Recursos TIC para a normalización lingüística
  • Presentación de Marcus Fernández (webmaster de Código Cero) empregada na palestra "Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos" pronunciada o 15-04-2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística (Consello da Cultura Galega).

  • Antía Cal, educando iguais.
  • Unidade Didáctica e Guía Didáctica sobre a mestra e pedagoga Antía Cal. Orientada para alumnado dos últimos cursos de Secundaria Obrigatoria e tamén de Bacharelato. Entre os obxectivos que busca destacan os de valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de oportunidades rexeitando os estereotipos de xénero, valorar a cultura e a historia propia e dos demais, así como o patrimonio cultural e histórico. Autoría: Alba García Pico Centro: Observatorio da Mariña pola Igualdade e Concello de Muras.

  • Os xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega
  • Guía para o uso correcto dos xentilicios galegos. Autoría: Xosé-Henrique Costas Centro: Área de Normalización Lingüística (UVigo)

  • Árbore das linguas indoeuropeas
  • Árbore na que aparecen as principais linguas actuais de orixe indoeuropea. O tamaño dos círculos é proporcional ao número de falantes, e as grandes familias ocupan as ramas e subramas. Autoría: Valentina Formoso Gosende e Rodolfo Piñeiro. ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)

  • Artesa
  • Selección de materiais dixitais accesibles en liña e pensados para a promoción do uso do galego. Autoría: Arquivo de Documentación Sociolingüística de Galicia Centro: Consello da Cultura Galega

  • Concurso de vídeos con móbil pola lingua
  • Concurso no que as persoas participantes deberán achegar un vídeo dunha duración non superior a tres minutos e que estean enmarcados en sensibilizar sobre o uso do galego, denunciar as agresións á lingua ou visualizar as súas posibilidades entre outros temas. Traballos da 1ª edición: http://queremosgalegomarin.wix.com/aqgm#!blank/c24vq Autoría: A. C. Queremos Galego Marín

  • Os límites do meu mundo? Concurso Literario de Ciencia-Ficción
  • Concurso de microrrelatos e poemas cuxa temática debe centrarse na ciencia ficción. Autoría: Biblioteca e ENDL Centro: IES de Porto do Son

  • Rosalía de Castro - A NOSA TERRA-Letras Galegas de 1984
  • Montaxe en PDF do artigo publicado na revista A Nosa Terra no ano 1984 na celebración das Letras Galegas baixo o título: "Rosalía Viva" Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel (RIanxo)

  • Quer que lle quer
  • Páxina web do EDLG do centro que dá a coñecer actividades e proxectos do Equipo e a Biblioteca, recursos dixitais (xogos, contos, de aula, etc.), consellos, música, etc. para toda a comunidade escolar. Autoría: EDLG Centro: CEIP Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña)

  • Música á entrada das clases
  • Poñemos música en galego de todos os estilos 20 minutos pola mañá antes de entrar na clase; cada día, tres cancións diferentes, que soan no vestíbulo e no exterior do edificio. O Persoal Non Docente son os responsables de poñela e o ENDL prepáraa en cartafoles mensuais con subcartafoles para cada día. Autoría: Cándido Fernández Centro: IES Val do Tea (Ponteareas)

  • Acción Poética Val do Tea
  • Con frecuencia semanal colócase un cartel na porta de cada aula (prerecortarse un pouco a modo dos anuncios que se deixan con teléfono para que sexa fácil de cortar) e o alumnado vainos collendo. A idea é que o alumnado coleccione os poemas para que lles sexa máis doado participar. Péganos no cupón e vannos entregando. Autoría: Cándido Fernández Centro: IES Val do Tea, Ponteareas

  • Exposición MANUEL MARÍA e Cuestionario da exposición. Letras Galegas 2016
  • Vinte e dous carteis, en A3, cun percorrido pola biografía de Manuel María. Autoría: SEMINARIO GALÁN Centro: VARIOS CENTROS CORUÑESES

  • O galego, lingua de amor
  • Proposta de sensibilización lingüística para desenvolver no mes de amor (febreiro) mediante adhesivos, deseños, música, etc. e o lema "O galego, lingua de amor". Autoría: ENDL Centro: IES Losada Diéguez da Estrada

  • En busca da pegada Galaico-Romana
  • Web monográfico que recolle, a través de entrevistas, reportaxes, galerías fotográficas e completas infografías interactivas, os xacementos da provincia de Pontevedra. Autoría: GCIencia / Deputación de Pontevedra

  • O asombro de Mr. Darwin
  • Exposición-web producida no bicentenario de Darwin que inclúe recursos didácticos como un estudo sobre a "Evolución", unha viaxe interactiva cos percursos do científico, unha presentación, unha wikiteca, unha guía para o profesorado e mais un vídeo da representación teatral protagonizada por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández. Autoría: Museos Científicos Coruñeses

  • Certame de Curtas co Móbil
  • Bases do II Certame de Curtas co Móbil organizado pola Vicedirección e o EDLG do IES da Pobra do Caramiñal.

  • Zarampagalegando
  • Blogue que achega contidos lingüísticos e outros culturais cunha clara aplicación didáctica e dende unha perspectiva lúdica e moi plástica con seccións como o Dicionario visual, Curiosidades, Graffitti, Retranca... Autoría: A Churrusqueira

  • A tres bandas
  • Cómic que ten como finalidade entender a narrativa visual e debuxar banda deseñada. Foi elaborado grazas a unha licenza remunerada da Consellería de Educación de Galicia no outono do 2015. Tradución: Lucía Barreiro. Dirixido a alumnado de 2º etapa de EP mais adaptable a outros niveis. Inclúe una sección PRF (preguntas e respostas frecuentes), que explica como empregarse nas aulas, e mais 19 historias sobre temas monográficos. Autoría: Mariano Casas e Teresa Mª Comoxo

  • Tatuaxes de (des)amor
  • Concurso literario e artístico consistente en tatuar mensaxes de (des)amor no corpo con motivo do Día da Candeloria, o "día en que casan os paxariños". Ademais, a actividade complétase con outras propostas. Autoría: EDLG Centro: IES David Buján de Cambre

  • Calendario Manuel María 2015-2016
  • Calendario 2015-2016 do EDGL do IES Valga en homenaxe a Manuel María. Autoría: EDLG Centro: IES de Valga

  • Titorial de sincronización de audio e edición de video en Final cut pro X
  • Titorial de iniciación á sincronización de audio e de edición de video en Final Cut que complementa os Obradoiros de Iniciación ao Audiovisual para o profesorado impartidos por Xosé Manuel Durán Graña. Inclúe a curta "A Programación e a Santa Rúbrica" (Xornada de Formación de Docentes do Culturgal. 05-12-2105). Máis información: - Canle en Youtube: https://www.youtube.com/user/musicasbarxas - Blogue do proxecto: http://musicaensecundaria.com/ - Perfil de Facebook: https://www.facebook.com/seso.duran Autoría: Xosé Manuel Durán Graña Centro: IES As Barxas (Moaña)

  • Libro do Mal Amor. Haikus contra a violencia de xénero
  • Unidade Didática elaborada polo alumnado e profesorado do IES Laxeiro de Lalín, coa colaboración de escritores e artistas relevantes como Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Rosa Aneiros, Chus Pato, Celso Fernández Sanmartín ou Carlos Negro, para traballar na concienciación e prevención da violencia de xénero. Edita: Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Autoría: Gracia Santorum (coord.) Centro: IES Pintor Laxeiro (Lalín)

  • Canta e xoga cos Axóuxeres
  • Cancións orixinais do programa Axóuxeres, que María Torres e Gonçalo Guerreiro interpretan ao vivo acompañados polos músicos Mano Panforreteiro e Dani Pais, e que recolle o cedé homónimo, no que tamén se poden escoitar brinquedos e adiviñas infantís. Pódense descargar os temas. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Autoría: VV.AA.

  • Querido Papá
  • Campaña viral contras as violencias machistas da ONG norueguesa Care Norway. O vídeo denuncia as diferentes manifestacións da violencia de xénero que moitas mulleres e nenas afrontan dúrante a súa vida e que os homes deben ser modelos de conduta positiva e renunciar á violencia física e aos chamados micromachismos.

  • Apalpador para facer foto
  • Imaxe do apalpador 1,50 x 90 para pegar en cartón-pluma e empregar para que os membros da comunidade escolar poidan poñer a súa cara na figura do personaxe. Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel (Rianxo)

  • Concurso de postais dixitais
  • Bases para o concurso de postais dixitais que poidan se envían por correo electrónico ou whatsapp Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel Rianxo)

  • Árbore de Nadal
  • Trátase dunha árbore de Nadal na que aparecen imaxes dos/as alumnos/as. Estas imaxes pretenden representar graficamente o significado das palabras que as acompañan. Autoría: Alumnado e profesorado do centro. Equipo de Dinamización. Centro: IES MARQUÉS DE SARGADELOS

  • Adhesivos de Nadal e agasallos
  • Folla para imprimir adhesivos e empregar na campaña de Nadal. Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel

  • Un Nadal de libros 2015
  • Suxestións lectoras para o Nadal 2015 (narrativa, poesía e libros-CD) da Biblioteca do IES de Poio

  • As aves
  • Libro que ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de aves galegas comúns. Acompáñase da canción de Magín Blanco “Voa paxariño”. Autor: Calros Silvar. Edita : A Mesa pola Normalización Lingüística

  • O Apalpador, personaxe do Nadal Galego
  • Proposta plástica para realizar un libro sobre esta figura, xogo de mesa sobre a Fauna e a Flora do Courel e escolma de vídeos musicais sobre o Apalpador.

  • Falo Galego
  • Consta de seis unidades educativas independentes presentadas, algunas delas, en tres niveis de competencia (baixo, medio e alto) para apoiar o fomento da destreza oral en galego en 1º da ESO. Autoría: Irene de Concepción, Beatriz Real e Ángel Cañas

  • XXII Certame Gráfico pola Normalización Lingüística. Concurso de adhesivos.
  • Aproveitando o centenario da creación das Irmandades da Fala a entidade convocante procura combinar a idea dun futurible de ciencia-ficción coa normalización da lingua baixo o lema "O galego regresa ao futuro. Outros 100 anos pola lingua".

  • Un ano para ler e cantar. Guía de lecturas.
  • Guías de recomendación de lecturas clasificadas por niveis. Curso 2015-2016.

  • Pasapalabra sobre a vida e a obra de Manuel María
  • Pasa-palabra sobre Manuel María Autoría: Aurora Gay Méndez (auroragaymendez@edu.xunta.es) Centro: CEIP A Ponte (Lugo)

  • Vida e obra Manuel María
  • Vida e obra de Manuel María Autoría: Aurora Gay Méndez (auroragaymendez@edu.xunta.es) Centro: CEIP A Ponte (Lugo)

  • Brincaletras Manuel María para o Día das Letras Galegas
  • Xogo para o Día das Letras Galegas 2016 Autoría: Aurora Gay Méndez (auroragaymendez@edu.xunta.es) Centro: CEIP A Ponte (Lugo)

  • Test sobre Manuel María. Letras Galegas 2016
  • Test sobre o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016 Autoría: Aurora Gay Méndez (auroragaymendez@edu.xunta.es) Centro: CEIP A Ponte (Lugo)

  • Mans pola igualdade
  • Adaptación do álbum ilustrado "Mans" de Xabier DoCampo para o Dia Contra a Violencia de Xénero Autoría: Ana Martínez Rey Centro: CEIP de Maciñeira

  • Dez pasos para revitalizarmos o galego
  • Decálogo baseado nun texto de Tilbert D. Stegmann con modificacións e adaptacións ao caso galego, que describe os dez pasos para conseguirmos que o galego avance, de grande utilidade para que os divulguemos e para que os practiquemos.

  • Memorias dun neno labrego
  • Escoita o audio do primeiro capítulo de "Memorias dun neno labrego" e contesta as seguintes cuestións Autoría: Manuel Siaba Lestón Centro: CEE Manuel López Navalón

  • Libro dixital de lingua galega para 1º e 2º de ESO dende un enfoque de tarefas centrado na comunicación
  • Trátase de catro unidades didácticas para traballar indistintamente en 1º e 2º de ESO. O punto de partida é a realización dunha tarefa, a partir da cal se van desenvolvendo todos os elementos do currículo. Cada unidade didáctica céntrase nun tipo de texto e desenvolve unha tarefa en 20 chanzos, nos que o alumnado debe conseguir os contidos e habilidades necesarios para realizar con éxito a tarefa. O enfoque dálle prioridade ó feito comunicativo e ten especialmente en conta o desenvolvemento de habilidades orais. Para acceder ó libro dixital abonda cun navegador web.

  • Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!
  • Bases do Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!, que ten como obxectivo dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade de xeito lúdico e creativo. O certame está dirixido ao alumnado de 2º ciclo da ESO e do Bacharelato. Autoría: SNL do Concello de Ames - ENDL de Secundaria de Ames

  • Ciencia en galego (canle de vídeos)
  • Canle de vídeos divulgativos de carácter científico en galego do Grupo Divulgare. Conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

  • Xogo de Xeografía
  • Aplicación para Android (móbiles e tablets) que consiste nun xogo onde hai que adiviñar as comarcas de Galicia. O xogo vai mostrando coloreada unha comarca e tres opcións. O usuario ten que escoller a opción correcta.

  • Compilación de materiais de ciencia en galego
  • Compilación de recursos e materiais para traballar contidos científicos en galego elaborado con moitvo do Día da Ciencia en Galego.

  • PAGUS. Galicia un país de paisaxes
  • Materiais sobre Paisaxe do Proxecto Terra (COAG) especialmente orientados á materia de libre elección “Paisaxe e sustentabilidade” que a LOMCE contempla para 1º e 2º de ESO. Máis información sobre o programa en http://goo.gl/G3IUMO.

  • Ditos populares e refráns de outono
  • Video con recitados populares e refráns do outono Autoría: Alumnado de 6º de Primaria Centro: CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños) Máis info: http://nlmilladoiro.blogspot.com.es/2015/10/ditos-e-refrans-de-outono.html

  • Magosto
  • Actividades de comprensión lectora e plástica arredor do magosto e da castaña con tres textos de Manuel María, Helena Villar e Tucho Calvo. Autoría: ENDL do CEIP Galán Centro: CEIP Galán de Oseiro-Arteixo (A Coruña)

  • Compilación actualizable de recursos para o Samaín
  • Compilación de recursos para traballar o Samaín que se actualiza aos poucos. Autoría: Mª Asunción García Álvarez. Mestra de Primaria suprimida do CEIP Víctor Sáenz e agora con destino provisional no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde (Rois)

  • A conCIENCIA. Concurso de experimentos científicos en galego
  • Concurso de promoción e divulgación científica en lingua galega no que o alumnado participante debe expoñer en vídeo -oralmente ou por escrito- en que consiste e os pasos que seguen no seu experimento. Autoría: EDLG Centro: IES Aquis Celenis de Caldas de Reis

  • A expansión e utilidade das linguas: relacións entre linguas maioritarias e minorizadas
  • Visionado dun fragmento dunha entrevista ao catedrático de sociolingüista Juan Carlos Morena Cabrera no que fala da expansión do castelán e o que supuxo para outras linguas de América e da Península. Tamén desmonta moitos dos tópicos sobre a utilidade das linguas. Defende, entre outras cousas, que no Estado español é máis útil o galego e o catalán, mesmo fóra destas comunidades autónomas, ca o inglés. Tralo visionado pasaríase un test que animaría á reflexión na posta común das respostas. Autoría: Inmaculada Otero Varela Centro: IESP Neira Vilas (Oleiros)

  • Axenda Escolar Redondelá 2015-2016
  • Axenda escolara para o novo curso. Edita: Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Ensino do Concello de Redondela, en colaboración cos centros de ensino público do municipio. Máis información: http://servizonlredondela.blogaliza.org/2015/09/14/axenda-escolar-redondela-2015-2016.

  • Axenda escolar 2015-2016 CPI Terras de Maside
  • Pequena axenda escolar para o curso 2015-2016. Descargable en formato .pdf dende Google Drive. Autoría: CPI Terras de Maside.

  • Blog colaborativo "Arredor de Manuel María"
  • Trátase dun blog colaborativo no que iremos propoñendo actividades nas que, ó longo de todo o curso, poderá participar todo o alumnado do centro, pero tamén aberto ás súas familias e a calquera que visite a páxina. Agradecemos xa desde agora esta colaboración, da que depende a vitalidade desta bitácora e, por suposto, será ben recibida calquera suxestión.

  • Calendario Escolar 2015-2016
  • Calendario para o curso 2015-2016

  • Mundo de cores
  • Mundo de Cores é un conto infantil destinado a promover a educación intercultural mediante a historia de Diara, unha meniña “senegalega”, que nos presenta o seu mundo de cores, a súa familia, os seus costumes e tradicións. Un mundo onde a nota predominante é a diversidade con toda a súa riqueza…Está editado en papel e conta cunha web complementaria con xogos e outros recursos educativos. Autoría: ONG Viraventos

  • Na rúa e na escola, o galego mola!
  • Con este vídeo pretendemos concenciar a toda a nosa contorna da importancia de conservar e potenciar a nosa Lingua coma un dos máis grandes patrimonios dos que dispoñemos. Na súa elaboración participou toda a comunidade educativa e moitos establecementos da nosa contorna. Autoría: EDLG do CEIP A RAMALLOSA Centro: CEIP A RAMALLOSA - TEO

  • Biografía Filgueira Valverde en lingua de signos
  • Biografías en lingua de signos para o alumnado de infantil e primaria. Autoría: María Bao Fente Centro: Universidade Vigo e Seminario Galán

  • Decreto Filgueira
  • Documental dirixido por Ozo Perozo sobre o intenso debate normativo que se produciu entre os anos 1971 e 1982 en relación a cal debía ser a orientación gráfica do galego. Inclúe unha guía didáctica para acompanhar o visionado do filme nas aulas, ideado para a ESO e Bacharelato (aínda que útil para todo o tipo de alumnado) e dispoñible en diferentes normativas. Autoría: Associaçao Galega da Língua (AGAL)

  • Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde
  • Compilación de materiais e recursos da SXPL e de diversos centros escolares sobre Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015. Autoría: Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Pasa-palabra e Test sobre vida e obra de X. Filgueira Valverde
  • Xogo do pasapalabra para afondar no coñecemento da vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2015 Autoría: Aurora Gay Méndez Centro: CEIP A Ponte

  • Bota e rebota e cae na túa boca
  • Guía práctica para fomentar o galego na Área de Educación Física. 2º Ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria. Autoras: Nerea Couselo Fernández e María Jesús (Chus) Caramés Agra

  • Actividades Letras Galegas 2015. Seminario Galán.
  • Actividades para Infantil sobre X. Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas, 2015. Autoría: Seminario Galán Centro: Varios centros coruñeses

  • Teatro Escolar
  • Publicación que pretende dar conta da importante actividade relacionada coas artes escénicas que ten lugar no noso centro. Autoría: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Centro: IES Ribeira do Louro (O Porriño)

  • Rosalía nas Ondas do Mar
  • Vídeo colaborativo realizado polos ENDL da Comarca do Morrazo con motivo do Día de Rosalía de Castro 2015 a partir do poema "Na lingua que eu falo". Complétase a actividade coa elaboración duns colgarellos con deseños de Rosalía e unha escolma de recursos sobre a autora. Máis información en: http://damosalingua.blogspot.com.es/2015/02/24-de-febreiro-dia-de-rosalia-de-castro.html.

  • ALÍ. Recursos en galego para a educación infantil
  • Portal de recursos en galego para a educación infantil que nace como ferramenta de apoio a unha actividade formativa dirixida ao persoal das escolas infantís para achegarlles material didáctico e produtos culturais en galego, facilitándolles o seu emprego na aula, aínda que o seu contido é de interese para todas as persoas involucradas na educación das cativas e cativos: pais, nais, ANPAS, ludotecas, bibliotecas, etc. O web recolle información sobre recursos para nenos e nenas de 0 a 1 anos, de 1 a 3 e de 3 a 6. Tamén sobre temáticas concretas como as estacións, o maio, o magosto, o Nadal, o Entroido, os animais, o samaín, as cores e a cociña.

  • Caderno Verde: cadernos para as aulas
  • Fichas didácticas para traballar en Infantil e Primaria contidos de distintas disciplinas obxecto de estudo, desde as matemáticas ao inglés, pasando por lingua galega, lingua castelá, coñecemento do medio, ou educación artística, utilizando o medio ambiente de forma transversal. O Caderno Verde conta coa colaboración de Botóns - Portal Galego de Educación: http://botons.eu/

  • "O BIGOTE DE MIMI", de Manuel María. UNIDADE DIDÁCTICA (dobre pauta)
  • Unidade didáctica con actividades sobre "O bigote de Mimí", de Manuel María. Estas actividades están dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de primaria. Autoría: EDLG DO CEIP DE GALÁN Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)

  • Vídeo-presentación sobre Castelao
  • Vídeo feito con diapositivas (82). Duración:3,51 Tres partes diferenciadas - A vida -A morte -A pegada Autoría: ENDL do Félix Muriel Centro: IES Félix Muriel

  • Tríptico día da paz-Día de Castelao
  • Tríptico conmemorativo do día da paz e de Castelao feito no IES 2 imaxes na portada Anuario de datas da vida de Castelao no interior Autoría: ENDL do Félix Muriel Centro: IES Félix Muriel

  • Entroido, 2015
  • Actividades de comprensión lectora e modelos de carautas para celebrar o Entroido 2015. Autoría: EDLG do CEIP de Galán Centro: CEIP Galán de Oseiro-Arteixo (A Coruña)

  • Iniciación á comprensión de textos
  • Vinte e cinco fichas de iniciación á comprensión lectora para o alumnado de 1º curso de primaria. Cada ficha inclúe unha ilustración, un texto moi breve e tres preguntas relacionadas co texto. Autoría: EDLG DO CEIP DE GALÁN Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)

  • Calendario Musical 2015
  • Calendario musical onde cada mes do ano está adicado a un instrumento tradicional galego. Autoría: CEIP de Cervo-Lugo Centro: VRIP de Cervo

  • A historia do apalpador
  • Issuu con información sobre o personaxe do Apalpador acompañado de ilustracións realizadas polos nenos e nenas de 2º nivel de primaria. Autoría: Mª José Baz Cadilla Centro: CEIP A Sangriña

  • Orella Pendella
  • Ditos, recitados e cancións infantís Autoría: Carlos Yus e María Campos, de Migallas Teatro

  • Videocontos
  • Adaptacións de contos que os mestres e mestras do "Equipo de Contos" do CEIP Coirón preparan cada trimestre para contarllelos aos nenos e nenas deste centro educativo. En moitos deles tamén colaboran os rapaces e rapazas do colexio facendo as ilustracións e poñendo as súas voces aos personaxes. Autoría: Equipo de Contos da Biblioteca Centro: CEIP de Coirón (Dena-Sanxenxo)

  • Enredamos. Xogos populares
  • Blogue que compila xogos populares, cancións, bailes, adiviñas e enredos. Grande parte do material se acompaña de vídeos instrutivos e fichas con indicacións para aplicalos no ensino. Autoría: Antonio Ferrer Moreira Centro: CEP Campolongo (Pontevedra)

  • Discriminación de trabadas
  • Actividades para a discriminación br_/b_r Autoría: Rosa Justo Centro: CEIP San Marcos - Cartelle

  • Feiras de Troco
  • O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela propón con esta actividade poñer en valor a feira, como lugar de encontro e intercambio, espazos para o abastecemento, pero tamén para a vida social propio da tradición galega; e o troco, como sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de cartos. Con esta iniciativa, preténdese recobrar a vida da feira para, creando espazos para a nosa lingua, reatopar o gusto polo encontro sen cartos de por medio. Autoría: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Centro: IES de Chapela (Redondela)

  • Videoclip "Terra" en Lingua de Signos
  • O día 27 de maio de 2014 a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-Galiza), despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, rematou a gravación do Videoclip en Lingua de Signos TERRA, do grupo Dakidarría (http://youtu.be/ZngKOuwbDzs). Este foi o proceso en orde cronolóxica inversa, dende o produto final ata o primeiro chamamento á participación feito polo ENDL á comunidade educativa do centro: - O videoclip: http://youtu.be/TX0ZRPeMPf8 - O making-of: http://ir.gl/20556c - O tráiler: http://ir.gl/8fd6a5 - Presentación do videoclip: http://ir.gl/18c7c8 - Gravación da escena final: http://ir.gl/973fe7 - A escaleta: http://ir.gl/c443ac - O chamamento: http://ir.gl/8a220c Autoría: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Centro: IES de Chapela (Redondela)

  • silledaagasalla
  • Campaña do ENDL do IES Pintor Colmeiro e a Concellería de Normalización Lingüística de Silleda que procura, en colaboración co colectivo ECOS e os Equipos de Normalización dos centros educativos do municipio, promocionar o uso da lingua galega no Nadal. Máis información sobre o desenvolvemento da campaña en http://silledaasferreiras.blogspot.com.es/search/label/silledagasalla Autoría: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Centro: IES Pintor Colmeiro (Silleda)

  • Galemociónate! Emociónate co galego
  • Campaña de sensibilización lingüística que procura mellorar as actitudes lingüísticas do alumnado e aumentar o seu uso como lingua vehicular e como lingua das relacións interpersoais a partir do compromiso individual e colectivo. Máis información sobre o desenvolvemento da campaña en bibliotecadivino.blogspot.com. Curso 2014-2015. Autoría: ENDL Centro: CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela

  • Libros Interactivos Multimedia en galego en EducaLIM
  • EducaLIM é un repositorio que contén un bo número de Libros Interactivos Multimedia en lingua galega elaborados por diferentes docentes para diferentes áreas curriculares e niveis educativos. Autoría: VV.AA.

  • Anuncios en galego. Comprensión lectora
  • Actividades de comprensión lectora a partir de anuncios publicitarios en cartaces e formato audiovisual. Fonte: http://xiralibronofleming.blogspot.com.es/ Autoría: Lupe Gómez Centro: CEP Doutor Fleming (Vigo)

  • Textos para traballar a comprensión lectora
  • Escolma de textos para traballar a comprensión lectora con alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Foron traducidos do Plan de Lectura dos CEIP de Granada. Autoría: Rocío Méndez Penela Centro: CPI Uxío Novoneyra (Pedrafita do Cebreiro)

  • Tarefas de comprensión oral e escrita
  • Actividades para traballar as habilidades de lectoescritura a partir de 29 relatos curtos gravados audiovisual animado e co apoio dos textos. Educación Infantil e Primaria. Autoría: Childtopia (sitio web)

  • Xandre, o elefante sen sombra
  • Este conto -dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos- atende tres necesidades fundamentais: - A primeira é a necesidade de atender a todo o alumnado. - A segunda é a necesidade urxente de traballar en prol da convivencia das persoas a través da aceptación de cadaquén - A terceira, é a necesidade de elaborar materiais que sexan complementarios á lectura Autoría: TADEGA

  • Fábulas de Esopo (Proxecto Interdisciplinar / Alumnado N.E.E.)
  • Material didáctico elaborado para atender necesidades específicas de apoio educativo de alumnado de 1º de ESO, dentro do Proxecto Interdisciplinar, para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Partindo dunhas fábulas de Esopo, trabállanse os compoñentes seguintes: busca e tratamento da información; comprensión e expresión con textos; exposición escrita e en soporte informático do traballo realizado.

  • Engaleneno. Entretemento en galego
  • Páxina que tenta divulgar o galego en produtos audiovisuais e lúdicos para os máis cativos, sen interese económico nin político.

  • Cartaces no Nadal
  • Cartaces das campañas de nadal para o uso do galego Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel (Rianxo)

  • Karaokes de Nadal
  • Queremos compartir cos mestres e mestras galegos o noso blogue "Dando a nota", no que atoparedes unha serie de karaokes de panxoliñas que fomos elaborando ao longo destes tres últimos cursos (decembro 2014). Autoría: EDLG Centro: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol)

  • Bueu, a nosa vila
  • Trátase dun traballo de investigación sobre a vila de Bueu levado a cabo polos nenos e nenas de 6º de Primaria do colexio. O obxectivo é elaborar, a través dunha presentación dixital, unha ruta virtual para dar a coñecer a vila. Autoría: Alumnado de 6º de Primaria Centro: CEIP Plurilíngüe A Pedra (Bueu)

  • O monstro, de Daniel Martín. Proposta para traballar a violencia de xénero
  • Con motivo do Día da non violencia de xénero (25 de novembro de 2014), o Equipo de Convivencia do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) traduciu ao galego o conto "El monstruo", de Daniel Martín, sobre o que elaboran unha proposta de actividades para traballar a violencia de xénero. Autoría: Equipo de Convivencia Centro: CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)

  • Música actual: uso didáctico na educación secundaria
  • Poxecto didáctico que propón un achegamento do alumnado á música galega actual de estilo pop-rock para traballar temas transversais, contidos sociolingüísticos e literarios, a busca e selección de información, etc. É produto dun Grupo de Traballo levado a cabo no IES Xulián Magariños (Negreira) polas docentes Noemí Álvarez Villar e María Rey Rey, que levaron esta experiencia didáctica ás aulas. Autoría: Noemí Álvarez Villar e María Rey Rey Centro: IES Xulián Magariños (Negreira)

  • Almanaque 2015 "O galego, punto de partida" (CENDLB)
  • Deseño do amanaque 2015 seleccionado polo profesorado integrante da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza. O calendario autocolante será distribuído entre o alumnado dos centros educativos que participan na coordinadora. O deseño corresponde a unha alumna de 5º de primaria do CEIP de Palmeira (Ribeira). Autoría: CENDLB Centro: Os integrantes da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización LIngüística do Barbanza

  • Numeración 1 (Educación Infantil)
  • Fichas de numeración, do 1 ao 9, para alumnado de educación infantil. Autoría: EDLG de GALÁN Centro: CEIP DE GALÁN. OSEIRO-ARTEIXO (A Coruña)

  • Calendario de peto 2015
  • Trátase dun calendario de peto cunha poesía de Manuel María sobre o idioma Autoría: Xosé Manuel Méndez Gayo Centro: IES Lagoa de Antela de Xinzo

  • Actividades Magosto 14
  • Actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria para preparar e celebrar o Magosto. Autoría: EDLG DO CEIP DE GALÁN Centro: CEIP DE GALÁN. OSEIRO-ARTEIXO (A Coruña)

  • Os Amilladoiros
  • Breve información sobre os amilladoiros Autoría: BIBLIOCERVO, Centro: BIBLIOTECA CEIP DE CERVO-LUGO

  • Trinta textos breves con actividades de comprensión lectora
  • Trinta textos breves con actividades de comprensión lectora para o alumnado de 1º ou 2º de primaria. Autoría: EDLG de GALÁN Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)

  • Lista de recursos online para o galego ILG-RAG
  • Lista de ligazóns a recursos lingüísticos que se poden encontrar na rede e que poden resultar útiles á hora de traballar co galego na normativa oficial ou ILG-RAG. Autoría: MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega

  • Mates con Xosé María Díaz Castro (Primaria)
  • TRABALLO COAS MATES PARTINDO DA BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO PARA ALUMNADO DE 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA Autoría: AZU ARIAS Centro: CEIP VILAVERDE -MOURENTE- PONTEVEDRA

  • Mates con Xosé María Díaz Castro (Infantil e Primaria)
  • TRABALLAMOS AS MATES PARTINDO DA BIOGRAFÍA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, DESTINADO AO ALUMNADO DE I5 E 1º CICLO DE PRIMARIA Autoría: AZU ARIAS Centro: CEIP VILAVERDE-MOURENTE

  • Mates con Xosé María Díaz Castro (3-4 anos)
  • COMO APROVEITAR A BIOGRAFÍA DE dÍAZ cASTRO PARA TRABALLAR MATES EN INFANTIL DE 3 E 4 ANOS Autoría: AZU ARIAS CORREA Centro: CEIP VILAVERDE-MOURENTE

  • Díaz Castro. Letras Galegas 2014
  • Material en PDF para imprimir con actividades sobre Xosé María Díaz Castro, díptico, biografía, exposición e cuestionario sobre esta exposición. Contidos dirixidos a infantil e os tres ciclos de primaria. Autoría: SEMINARIO GALÁN Centro: varios centros coruñeses

  • Videpoemas sobre Nimbos de Xosé María Díaz Castro
  • Videpoemas feitos por alumnado de 3º e 4º ESO e 1º bacharelato. Está no noso blog Ogalego do Quinto e en youtube Autoría: Alumnado, departamento de LG e EDLG Centro: IES Xesús Ferro Couselo (Ourense)

  • Videopoemas para Xosé María Díaz Castro
  • Actividades de reflexión arredor de varios videopoemas de Xosé María Díaz Castro, dirixido a alumando de bachalerato, e dispoñibles na bitácota de aula de lingua e literatura galegas do IES Virxe do Mar. Autoría: VVAA (Olga Amigo Devesa coordinadora) Centro: IES Virxe do Mar (Noia)

  • LIM Xosé Mª Díaz Castro
  • LIM sobre o autor homenaxeado polas Letras Galegas no 2014. Autoría: EDLG do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira Centro: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

  • "Esmeralda" Xosé María Díaz Castro
  • Animación en Stop Motion da poesía "Esmeralda" Autoría: Antolín Rey García e María Bereijo Aneiros

  • "Ay capitán"
  • Fotomontaxe sobre o poema "Ay capitán" de Díaz Castro Autoría: EDLG do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira Centro: CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

  • Fonética do galego
  • Páxina web que recolle os fonemas do galego e a súa articulación.

  • As contas da casa non ditan coas da feira
  • Trailer da obra de teatro "As contas da casa non ditan coas da feira", escrita e dirixida por dúas mestras do centro. Ensaiouse nos recreos, e nela participaron voluntariamente 32 nenas e nenos (de 70) de entre 3 e 12 anos. Autoría: Laura Pazos e Eva Millón Centro: CEIP Cerdeiriñas (Piloño)

  • Rosalía na Rede
  • O Concello de Teo elaborou este material para facilitar ao profesorado a conmemoración do Día de Rosalía (24 de febreiro). Trátase dun banco de recursos que recolle, organizado por etapas educativas, unha serie de materiais educativos sobre a escritora que se poden atopar na rede. Autoría: Concellería de Educación de Teo

  • tecnoloxia.org
  • Web con recursos en galego para Tecnoloxía da ESO e do Bacharelato. Dispón dun blogue con novas de actualidade e de páxinas con contidos curriculares de electricidade, electrónica, robótica, etc. Autoría: María Loureiro Centro: IES Primeiro de Marzo

  • Día da lingua materna 2014 editable
  • Tríptico informativo para as familias no que se explica o que é o Día da Lingua Materna e os tópicos aos que estivo adicado nas últimas edicións Centro: IES Pintor Colmeiro de Silleda + IES Chano Piñeiro de Forcarei

  • Entroido 2014. Materiais
  • Materiais impresos para traballar sobre o entroido: catro textos con actividades e modelos de carautas para recortar. Autoría: EDLG de GALÁN Centro: CEIP GALÁN de OSEIRO-ARTEIXO (A CORUÑA)

  • A paisaxe lingüística de Silleda. Bases para a normalización do entorno
  • A paisaxe lingüística trata sobre a presenza escrita das distintas linguas en espazos públicos. Durante dúas xornadas no mes de febreiro do 2013 un grupo de rapaces do ENDL do IES percorreron algunhas das rúas máis céntricas da vila de Silleda recollendo un total de 752 fotos que se clasificaron por linguas e pola actividade que reflectían. A partir deste estudo esperamos realizar unha intervención na normalización da administración e do comercio nos seguintes cursos. Centro: IES Pintor Colmeiro de Silleda

  • Reflexión sobre a situación sociolingüística actual
  • Taller da memoria Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel de Rianxo

  • A maleta de Manuel Antonio
  • A maleta de Manuel Antonio é unha actividade deseñada para o ensino da literatura galega a partir de obxectos concretos que caracterizan a figura literaria que nos ocupa. Trátase dunha actividade de tipo indutivo onde o alumnado participa de xeito activo na construción do coñecemento e onde o apoio do profesorado é de reforzo e extensión de contidos. A partir deses obxectos seleccionados, o máis variados posible, o noso alumnado debe recompoñer un mosaico informativo de índole temática e contextual sobre a escritora ou escritor galego estudado. Adaptable para calquera nivel e materia en que queira traballar a biografía dunha persoa concreta.

  • A paz lingüística é
  • Cartaz para o día da paz 2014 incidindo na normalización do galego

  • O Universo e o sistema solar
  • Edilim para traballar o Universo e o sistema solar. Autoría: Nela Abella Centro: CEIP de Aguiño

  • A Terra
  • Edilim para traballar a Terra, os seus movementos e a súa representación. Segundo ciclo de primaria Autoría: Nela Abella Centro: CEIP de Aguiño

  • Calendario Díaz Castro 2014
  • Calendario sobre a figura de Díaz Castro.

  • Práctica sobre o xénero e o número
  • Brincaletras para facer práctica ou a modo de avaliación sobre a formación do xénero e número de nomes e adxectivos. Terceiro ciclo de primaria. Autoría: Aurora Gay Méndez Centro: CEIP A Ponte

  • Capela de San Bartolomeu
  • Vídeo elaborado por unha alumna do ENDL sobre unha capela de Rianxo dentro do Proxecto Rianxo2112. O obxectivo era poñer en valor o patrimonio rianxeiro ao lado da lingua propia. Autoría: ENDL (Irene Blanco) Centro: IES Félix Muriel

  • WQ_Ribeira Sacra
  • Webquest dirixida a alumnado de Primaria e ESO para abundar no coñecemento deste espazo natural de Galicia: a Ribeira Sacra. Autoría: Mª Olga Rodriguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • WQ_Cea na Torre
  • Webquest dirixida a escolares do 3 ciclo de Primaria, anque sabemos que está a ser utilizada meso en bacherelato. Propón a organización dunha cea na Torre de Hércules seguindo as normas de protocolo da sociedade romana. Autoría: Mª Olga Rodriguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • WQ_Os tres porquiños
  • Webquest sobre o coñecido conto clásico dirixida a lumnado de 2º e 3º ciclo de EP e a calquera outro que tente elaborar un kamishibai. Propón a secuenciación do texto e coordinalo coas ilustracións precisas para contar o conto con esta antigua técnica xaponesa. Autoría: Mª Olga Rodriguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • WQ_Conservando alimentos
  • Webquest sobre os métodos tradicionais de conservación de alimentos. Toma coma punto de partida aos protagonistas da triloxia de Romón Caride: Perigo vexetal. Autoría: Mª Olga Rodríguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • WQ_ Mulleres na Historia de Galicia
  • Web quest para aprendera estractar información, sobre mulleres sobranceiras na Hª de Galicia. Pode usarse con motivo do 8 de Marzo ou en aulas TIC para practicar habilidades de lectura selectiva. Autoría: Mª Olga Rodriguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • 21 Días co galego
  • 21 días co galego nace para conseguir unha maior competencia en galego e unha mellor conciencia lingüística a través de diferentes actividades que pretenden levar a lingua alí onde nunca estivo na vida de moit@s alumn@s. Esta experiencia ten dous grandes obxectivos de importancia semellante: 1) O aumento e perfeccionamento do emprego da lingua oral por parte do alumnado durante 21 días, con desexable continuación no futuro. 2) A reflexión íntima e persoal da relación que cada un/unha ten co galego dende a súa situación vital concreta e individual. Levouse a cabo con grupos de 2º de ESO e 1º de Bacharelato, tamén ofrece actividades para alumnado con necesidades educativas especiais. Durante o curso 2013-2014 continuaremos xa a nivel departamento en todos os niveis con esta actividade. Podedes atopar todo o material no blog 21 Días co galego: http://21diascogalego.blogspot.com.es/ Autoría: Pilar Ponte (Aprofa) Centro: IES Pobra do Caramiñal

  • A Festa dos Maios
  • Explicación breve de como se elabora un maio e de como é a festa nas Rías Baixas. O arquivo pesa moito, máis dun giga e non da subido. Pódese ver en Autoría: Antonio Ferrer Moreira e Magdalena Gamallo Fariña Centro: CEP Campolongo

  • Con pentagrama
  • Caderno dixital para alumnos de ESO (Site de Google) Ten apuntes, partituras, controles, audicións etc Algúns elementos son de aceso restrinxido mediante permiso por correo Autoría: Rodolfo Centro: IES Félix Muriel

  • Caderno ALFIN
  • Cara a consecución da competencia no tratamento da información por parte do alumnado e o profesorado, así coma da competencia dixital, elaboramos este caderno. Pretende orientar a realización de navegacións eficaces que nos devolvan información relante, fiable e de calidade. Caderno básico no portfolio de estudantes e profesores para abordar a consecución das CC.BB citadas, así como a de Autonomia persoal, e a Civica e cidadá. Autoría: Mª Olga Rodriguez Díaz Centro: CEIP Milladoiro (Malpica)

  • Normas de Clase
  • Normas básicas dunha clase con pequenos debuxos Autoría: Antonio Ferrer Moreia Centro: CEP CAMPOLONGO

  • Cartaz da campaña para a empresa "Se é en galego é de calidade"
  • Cartaz elaborado dentro da campaña de galeguización da empresa do concello de Rianxo que se realizou durante varios cursos desde o EDLG. Editouse en A3 e repartiuse polas empresas do concello coa axuda da Concellaría de normalización lgtca do Concello de Rianxo Autoría: ENDL Centro: IES Félix Muriel de Rianxo

  • Achegámonos á poesía de Celso Emilio Ferreiro
  • Na commemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, a profesora de ensino público de Galicia, M. Salas, elaborou unha unidade didáctica que xira arredor da figura deste autor. A unidade contén información sobre a vida e obra de CEF, poemas musicados, e tamén un bo número de actividades.

  • Exposición MANUEL MARÍA. Letras Galegas 2016
  • Vinte e dous carteis, en A3, cun percorrido pola biografía de Manuel María. Autoría: SEMINARIO GALÁN Centro: VARIOS CENTROS CORUÑESES

  • Pousavasos do IES Félix Muriel de Rianxo
  • Pousavasos elaborados polo EDLG do IES Félix Muriel de Rianxo no curso 2011-2012.

  • Álvaro Cunqueiro. Textos ilustrados
  • O alumnado ilustra os textos propostos en "Bico da Ría", a revista electrónica do ENDL.

  • Xosé María Álvarez Blázquez
  • Carteis sobre a vida e a obra do autor homenaxeado nas Letras galegas 2008 que se complementan cunha guía didáctica e un trivial.

  • O meu caderno de investigación do Apalpador
  • Cadernos de actividades dirixidos ao alumnado de Infantil.

  • Rabuñando novos Cantares
  • Conxunto de actividades dirixidas ao alumnado de Infantil e Primaria para traballar os versos de "Cantares Gallegos", de Rosalía de Castro, co gallo do 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora. 

  • Os xogos de sempre na Escola da Capela
  • Escolma descritiva de xogos tradicionais e populares

  • Fraseoloxía Visual
  • Modelo de traballo da fraseoloxía popular nas aulas apoiado en imaxes

  • A Constitución Española
  • Libro Interactivo Dixital sobre a Carta Magna

  • Andan na boca da xente
  • Propoñemos ao alumnado esta actividade online, na que se trata de asociar lingua a TICs. Preténdese que descobran os coñecementos que as persoas galegofalantes do seu contorno teñen e que lles encontren utilidade (como mínimo para gañar un concurso). Que sintan que o que sabe galego ten vantaxe. Versión para Primaria e Secundaria.

  • Cancioneiro do CEIP Espiñeira - Aldán
  • Escolma de cancións, xogos orais, etc. recollidas en pdf e nun CD de audio que inclúe as pezas cantadas polo alumnado e escolmadas entre as persoas máis anciás da parroquia. Curso 2010-2011.

  • O galego encaixa / Falo porque me peta
  • O traballo é un vídeo confeccionado coas imaxes da exposición homónima e mais do audiovisual "Falo porque me peta" elaborado polo CEIP San Marcos de Cartelle.

  • Álvaro Cunqueiro. Aniversario do seu nacemento (1911-2011)
  • Recursos educativos sobre a vida e a obra de Ávaro Cunqueiro elaborado polos Equipos de Normalización Lingüística do CEIP Galán (Oseiro - Arteixo) e CEIP Fernández Latorre (A Coruña)

  • O Apalpador no Barbanza
  • Libro Interactivo Multimedia CEP Pilar Maestú da Pobra do Caramiñal

  • Apúntate ao equipo G!
  • Ideas para sumar alumnado ao Equipo de Normalización Lingüística do centro escolar

  • Subtítulos de películas e documentais
  • Arquivos en formato *.srt que subtitulan para o galego diversas películas e documentais en varios idiomas

  • Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego?
  • Tríptico informativo editado polo EDLG da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

  • Iº Concurso de Banda Deseñada Terras do Umia 2009
  • Iº Concurso de Banda Deseñada Terras do Umia 2009 Coordinadora de ENDL Terras do Umia

  • IIº Concurso de Micropoemas e Microrrelatos Terras do Umia 2010
  • IIº Concurso de Micropoemas e Microrrelatos Terras do Umia 2010 Coordinadora de ENDL Terras do Umia

  • Iº Concurso de Microrrelatos Terras do Umia 2009
  • Iº Concurso de Microrrelatos Terras do Umia 2009 Coordinadora de ENDL Terras do Umia

  • Campaña Que está pasando?
  • Documental realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato Científico do IES Pedro Floriani de Redondela.

  • Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu pasamento
  • Recursos educativos sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro elaborado polos CEIP Fernández Latorre (A Coruña), Wenceslao Fernández Flórez (Cambre), Praia de Quenxe (Corcubión) e Galán (Oseiro-Arteixo). Consta de tres partes: Díptico sobre Rosalía de Castro, Exporrosalía, Rosalía de Castro en 38 preguntas

  • Non á violencia
  • Traballo de aula do alumnado de EP do CEIP Isaac Peral (Ferrol) para traballar o 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia de Xénero

  • O Apalpador (LIM)
  • Libro dixital sobre esta figura representativa do nadal galego. Autoría: Xoan G. Biblos Clube de Lecturas

  • O Apalpador (Unidade Didáctica)
  • Xurxo L. Valcárcel (pai dun alumno do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela)

  • Material para traballar o Apalpador
  • Nadal 2009-2010 Asoc. Cultural Foucelhas de Ordes

  • TAL. Tándem de Activación Lingüística
  • Programa de conversa do Equipo de Normalización da EOI de Santiago de Compostela para practicar o galego e mellorar o nivel idiomático.

  • A memoria da Lingua - As Candongas do Quirombo
  • 20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir.

  • Concurso de Videocreación Samaín 2010
  • SNL do Concello de Zas Equipos de Normalización do IES Maximino Lema e do CPI de Zas

  • O medo no corpo - Recurso para o Samaín
  • Alumnado de 3º PDC CPI O Progreso - Catoira

  • Certame de Relato Curto "A vida éche un conto"
  • Organiza: EDLG do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

  • Concurso de Fotografía: A paisaxe do outono na Limia
  • Organiza: EDLG do IES Lagoa de Antela de Xinzo da Limia

  • Barbón Press-Novembro 2010
  • Boletín informativo do EDLGA do IES García Barbón de verín Novembro 2010

  • Barbón Press-Outubro 2010
  • Boletín informativo do EDLG do IES García Barbón de Verín Outubro 2010

  • Lecturas para tremer
  • Guías de Lectura 2009 e 2010 para o Samaín EDLG e Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos

  • Unidade Didáctica O Samaín
  • Anónima

  • Materiais para o Samaín
  • Equipos de Normalización do CEIP Canosa-Rus (Coristanco), CEIP Felipe de Castro (Noia), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP Labrata Pose (Baio-Zas) e CEIP Torrente Ballester (Sigrás-Cambre)

  • Certame de Relatos de Medo
  • Clube da Lingua e Biblioteca do IES Porto do Son

  • Galego Natural
  • Concurso de fomento do uso da lingua que consiste en "falar galego en todo o ámbito escolar". Xunta de Delegados e Grupo de Normalización Lingüística do IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol.

  • Cousas Nosas. Axenda Escolar 2010-2011
  • Axenda escolar que substitúe a revista homónima do ENDL e que, ademais de incluír o calendario e servir para anotar tarefas, exames, citas, efemerides, etc., inclúe artigos e fotos relacionados coas actividades do curso anterior.

  • O galego na Igrexa
  • Estudo sobre o uso do galego na liturxia a nivel local ENDL do CPI Cernadas de Castro de Lousame

  • Vocabulario de fobias e -ismos perigosos
  • Tríptico que recolle, a modo de glosario, prexuízos lingüísticos existentes sobre o idioma.

  • Manoel de Ribadaira
  • Poema ilustrado. Novoneyra recupera a memoria histórica dos paseados na Guerra Civil para facer un romance.

  • Uxío Novoneyra
  • Díptico que recolle a biografía e composicións do poeta

  • Xincana Cultural Letras Galegas 2010
  • Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene

  • Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010
  • Biblioteca do IES Fernando Esquío de Fene

  • Boletín Letras Galegas 2010
  • Número especial dedicato ao autor homenaxeado

  • O Poeta do Courel. Unha homenaxe a través da flora
  • Visión antolóxica da poesía de Novoneyra, a través da flora e a paisaxe do Courel, realizada co alumnado do Ciclo de Agraria. Autoría: BIblioetca do IES de Arzúa

  • Uxío Novoneyra, o Bardo do Courel
  • Traballo colaborativo sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (presentación powerpoint)

  • Webquest O Poeta do Courel
  • Para todos os ciclos de Educación Primaria

  • Uxío Novneyra, o poeta do Courel
  • Breve biografía de Novoneyra contada polo alumnado.

  • A xeografía do Courel nos versos de Novoneyra
  • Presentación que se achega á xeografía courelá (relevo, clima, economía, hidrografía, os solos, etc.) dende a poesía de Uxío Novoneyra.

  • Novoneyra
  • Caderno divulgativo que inclúe biografía e unha escolma de poemas.

  • Uxío Novoneyra en banda deseñada
  • Biografía en viñetas elaborada polo alumnado de 6º de Educación Primaria.

  • Uxío Novoneyra: vida e obra
  • Vídeo sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra. Dura 4 min.

  • Regueifa de Novoneyra
  • Coplas sobre a vida de Uxío Novoneyra para cantar nas aulas ao xeito dun Cantar de Cego.

  • Novoneyra. 15 poemas para recitar
  • Escolma de poemas do autor courelao para o alumnado de Infantil e Primaria.

  • Actividade LIM Letras Galegas 2010 para Educación Infantil
  • Actividade LIM Letras Galegas 2010 para Educación Infantil

  • Guía de Lectura Uxío Novoneyra Letras Galegas 2010
  • Caderno que resume o contido dos tres libros que Novoneyra escribiu para nenos e nenas.

  • Webquest Uxío Novoneyra para 1º e 2º da ESO
  • Webquest Uxío Novoneyra para 1º e 2º da ESO

  • Lousame le a Novoneyra
  • Conxunto de sete montaxes audiovisuais sobre Uxío Novoneyra con recitado de poemas do alumnado.

  • Blogue sobre Uxío Novoneyra
  • Recursos poéticos, a flora e a fauna, música, vídeos orixinais, etc. interesantes achegas sobre a obra e a figura de Uxío Novoneyra.

  • Webquest de Uxío Novoneyra para Educación Primaria.
  • Equipo da Biblioteca do CPI Nosa Señora de Xuvencos de Boborás. Entrar na aula virtual como convidado.

  • A princesa do Caurel
  • Actividade LIM para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria

  • Actividades LIM: Novoneyra, Memorias dun neno labrego e Lois Pereiro
  • Actividades LIM para Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria

  • Unidade Diáctica Letras Galegas 2010. Uxío Novoneyra
  • Educación Primaria

  • A oca de Uxío Novoneyra
  • Para aprender sobre o poeta do Courel, podemos xogar á Oca.

  • Uxío Novoneyra Webquest para Primaria
  • Uxío Novoneyra Webquest para Primaria

  • De Sigrás a Novoneyra
  • Recurso didáctico

  • Webquest Uxío Novoneyra para Secundaria
  • Webquest Uxío Novoneyra para Secundaria

  • Uxío Novoneyra no Courel (Roteiros de culturagalega.org)
  • Roteiro arredor de Uxío Novoneyra

  • Novononeyra/Mariño: Poéticas da amizade
  • Libro de María do Cebreiro Rábade Villar

  • Escolma de poemas de Uxío Novoneyra
  • Edición multilingüe en galego, castelán, inglés, alemán, francés e italiano.

  • As teimas e os soños de Novoneyra
  • Dossier dixital que inclúe os traballos "Residimos tanto na lingua como na terra", de María Pilar García Negro; "O perfil nacionalista e marxista de Uxío Novoneyra", de Xosé Lois García; e "Anotacións, apuntes e textos para dicir en público e en privado que nos axudan a situar ao poeta".

  • Cadernos de actividades sobre Uxío Novoneyra
  • Cadernos de actividades sobre Uxío Novoneyra

  • Actividades LIM Uxío Novoneyra.
  • Actividades LIM sobre a obra de Uxío Novoneyra.

  • Os traballos e os días de Uxío Novoneyra
  • Vídeo didáctico sobre a figura de Uxío Novoneyra. CPI dos Dices (Rois) e CPI da Baña.

  • Calendario 2010 Uxío Novoneyra.
  • Os poemas e imaxes vitais de Uxío Novoneyra para ilustrar este calendario do ano 2010. Autoría: ENDL do IES Xelmírez II de Santiago de Compostela.

  • Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010.
  • Presentación en diapositivas que traza un percorrido pola vida e a obra de Uxío Novoneyra. Autoría: anónima.

  • Uxío Novoneyra. A emoción da terra.
  • Libro dixital coordinado por Henrique Rabuñal Corgo e Cesáreo Sánchez Iglesias que inclúe diversos estudos sobre a obra de Novoneyra e textos creativos de homenaxe de diferentes autores, así como documentos do propio autor. Edita: Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)

  • Uxío Novoneyra. Poemas musicados e recitados. Montaxes audiovisuais.
  • Poemas musicados e recitados. Montaxes audiovisuais.

  • Escolma de poemas e recitados de Uxío Novoneyra.
  • Asociación de Escritores en Lingua Galega.

  • Unha aproximación a Uxío Novoneyra.
  • Mural que combina presentacións, imaxes, vídeos, audios, animacións e/ou documentos sobre o poeta do Courel.

  • Actividades LIM sobre Novoneyra.
  • Actividades LIM sobre Novoneyra do CEIP Condesa de Fenosa de Ares.

  • Vida e obra de Uxío Novoneyra. Liña do tempo.
  • Nesta liña do tempo pódense ver os feitos máis relevantes da vida e da obra de Uxío Novoneyra. Pódese desprazar por ela movendo o scroll inferior e se premes sobre ela podes vela a tamaño grande. Asi tamén podes ver un video do escritor recitando un dos seus poemas.

  • Webquest sobre Uxío Novoneyra para 3º ciclo de Primaria
  • Webquest sobre Uxío Novoneyra para 3º ciclo de Primaria. CEIP de Andrade de Pontedeume

  • Que sabemos de Rosalía?
  • Test sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro elaborado coa aplicación web 2.0 mystudiyo.

  • ProLingua. 20 mentiras sobre a lingua galega
  • Presentación de diapositivas que resume en 20 as 55 mentiras incluídas no libro "55 mentiras sobre a lingua galega", ensaio publicado en febreiro de 2010 pola Plataforma ProLingua baixo a coordinación de Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo. Esta publicación fai unha análise dos prexuízos máis comúns que existen sobre a lingua galega.

  • Son de poetas
  • Proxecto que compila versións musicais de textos poéticos galegos de todas as épocas e autores para traballar na aula ou fóra dela. Esta antoloxía da poesía galega musicada actualízase cada semana cun novo poema e está aberto á participación de quen queira achegar as súas propostas. Tamén permite seguir o proxecto mediante subscrición empregando o lector RSS.

  • Novoneyra na voz da xente
  • Proxecto de divulgación e dinamización do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Uxío Novoneyra. Trátase dun proxecto destinado aos escolares dos últimos cursos de primaria e primeiros de secundaria no que se procura achegarlles á figura e obra de Uxío Novoneyra dun xeito eminentemente lúdico e participativo.

  • Decálogo Lingüístico
  • Dende a propia lingua para andar por un mundo de linguas.

  • Radiografía do idioma
  • Presentación que traza unha panorámica sobre a saúde da lingua galega no ensino analizando parámetros como a lingua inicial, lingua de uso, competencias ou presenza como lingua vehicular no sistema educativo.

  • Decálogo para ser lingüisticamente sostibles
  • Con motivo da declaración do ano 2008 como Ano Internacional das Linguas por parte da ONU, as universidades catalás, a través do GRUP d'Estudi de Llengües Amenazades (GELA), publicou este decálogo para os falantes para pór de manifesto a necesidade de defender e preservar as linguas do mundo.

  • Novo decreto sobre o galego no ensino
  • Presentación sobre as "Bases do borrador do Decreto do Plurilingüismo". Elaborado polo ENDL do IES Ribeira do Louro do Porriño.

  • Análise das bases do borrador do Decreto do Plurilingüismo
  • Presentación que analiza a proposta da Consellaría de Educación en comparación cos Decretos 247/1995 e 124/2007.Autora: Sofía Rama, profesora de Lingua.

  • Que facemos coa lingua?
  • Monográfico que a revista Estega, publicación do sindicato STEG, dedica á cuestión do galego no ensino. Co título "Que facemos coa lingua?", o número 0 da revista conta coa colaboración de Séchu Sende, Valentina Formoso, Nel Vidal, Emilio Insua, Miguel Louzao, Valentim R. Fagim, Ana M.ª Pérez Rico, Pablo Gamallo e Carlos Negro.

  • Páxinas web en galego
  • Documento que inclúe unha boa selección de páxinas web en galego sobre música, deportes, novas tecnoloxías, prensa, etc.

  • Páxinas Favoritas
  • Selección de webs, blogues e outros sitios da rede de temáticas variadas en lingua galega. Tamén inclúe un apartado de ferramentas e software para traballar en galego na rede.

  • Escolma de recursos en lingua galega para a rede
  • Díptico que selecciona ferramentas lingüísticas en liña (dicionarios, correctores e tradutores, navegadores, sistemas operativos...) para traballar en lingua galega.

  • Revista Dálle á Lingua e boletín divulgativo Lingua Galega, Lingua de Futuro
  • Publicacións periódicas que achegan de novas de actualidade da lingua galega, actividades do ENDL, pasatempos, etc.

  • Agasalla, le en galego
  • Guía de recomendacións literarias para o nadal dirixida a diferentes idades.

  • Aspectos ilegais das bases do Decreto do Plurilingüismo
  • Neste documento expóñense dun xeito visual os preceptos que se incumplen da lexislación vixente en materia de lingua, a nivel nacional, estatal e internacional, no recente rascuño de bases para o mal chamado decreto do plurilingüismo.

  • Concurso de SMS de Amor
  • Bases do certame de declaracións de amor, en prosa ou en verso, vía teléfono móbil.

  • Calendario Letras Galegas 2010
  • Calendario dedicado ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010. Inclúe imaxes do Courel e versos de Uxío Novoneyra.

  • Calendario 2010
  • Almanaque anual que dedica cada un dos meses do ano a poetas galegos incluíndo a súa fotografía e uns versos da súa autoría. Editado pola Biblioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio de Cambre

  • Un ano de contos (calendario)
  • Calendario no que, a partir da temática central "Os nosos contos favoritos", os nenos e nenas de cada aula ilustran un mes do ano inspirándose nos seus títulos favoritos. Elaborado polo CEIP Mestres Goldar de Vigo

  • Onda Raia
  • Radio Escolar do ENDL do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Proxecto en pdf

  • Alimenta a túa lingua
  • Calendario para o ano 2010 que inclúe o léxico dos produtos alimenticios propios da praza de abastos e un glosario de termos culinarios, así como refráns e ditos populares relacionados cos meses e estacións do ano. Contou coa colaboración dos postos de venda do mercado padronés.

  • Bonecos interculturais
  • A finais do curso pasado 2008-2009 chegaron dez nenos e nenas de distintas partes do mundo. Todos e todas teñen nomes galegos con X e os seus apelidos son a tradución da palabra Serea a distintos idiomas: italiano, alemán, catalán, portugués... A boneca da nosa clase chámase Xema e o boneco Xenxo. Este curso sairán de paseo por Aguiño para aprender cos nenos e as nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria a falar en galego, xogando nas súas casas. Xa foron á casa de Lucía R, Iago e Lucía P. Coa colaboración das familias van anotando as palabras que aprenden nun caderno que medra ó longo de todo o curso.

  • Cantigas da Nosa Terra
  • Publicación que recolle cantigas populares proporcionadas polos pais e nais e ilustradas polos nenos (curso 2008/09).

  • Decálogo do Galego
  • Cartel que recomenda o uso do galego en diversas situacións. Orientado ao contorno do centro.

  • Os meus favoritos. Axenda de enderezos de internet
  • Selección de sitios web en galego elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo para así contribuír á difusión da información na nosa lingua, ao mesmo tempo que á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con ela quérese convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego.

  • Os xogos do Rato Paco
  • Actividades lúdico-didácticas desenvolvidas polo Equipo de Novas Tecnoloxías do CEIP de Palmeira, coordinado por Xosé Manuel Bouzán, postas á disposición da comunidade educativa.

  • Canta cos axóuxeres
  • Debuxos para colorear, xogos e letras das cancións e mesmo a música dalgunhas delas descargable en mp3, do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística destinado aos máis cativiños da casa.

  • Xogos de Lingua. O Xogo do Aforcado
  • Aplicación desenvolvida pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que desenvolve o coñecido xogo de letras no que o erro na adiviña é castigado coa forca, instrumento que vai aparecendo á vez que o internauta vai errando nos tentos de descubrir a palabra oculta.

  • Xogos de Lingua. O Xogo das Preguntas
  • Aplicación desenvolvida pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo para medir os propios coñecementos no idioma. Comprende tres categoría (lingua, cultura e historia) para que o participante poña a proba sabedoría e memoria en cuestións como monumentos megalíticos en Galicia, a conquista romana ou o Rexurdimento.

  • Podcast Educativo
  • Podcast da Asociación Socio-Pedagóxica Galega destinado á educación e dividido en cinco canles distintas

  • A Curuxa
  • Xogo baseado no Xogo da Oca deseñado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Permite practicar partidas individuais de preguntas e respostas en galego, mais axiña será tamén multixogador/a a través da rede.

  • Letrad@s GZ
  • Versión galega do Scrabble desenvolvida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Esta adaptación en liña ten a mesma mecánica do xogo de mesa, con algunhas funcións engadidas que aproveitan as características da informática, como poder xogar contra o computador.

  • Trivial GZ
  • Trivial en liña elaborado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega co obxectivo de contribuír á galeguización do lecer aproveitando as novas tecnoloxías para, dunha maneira lúdica, achegarse á nosa historia, xeografía ou literatura. Presenta versións adaptadas a figuras históricas, como o Mariscal Pardo de Cela, e a concellos, como Vilasantar.

  • GZ en Galego! Camballón Mix
  • Compilación de música galega actual que recolle os temas favoritos do alumnado. Ao longo do ano os rapaces e as rapazas escoitan música galega moderna de todos os estilos e contra final de curso editan un CD cos seus temas favoritos. No curso 2006/2007 editáronse 200 copias do Camballón Mix n.º 1, que tivo continuación cunha segunda entrega no curso 2007/2008.

  • Intercambio Lingüístico-Cultural
  • Materiais elaborados polo ENDL do IES Agra de Leborís da Laracha para o intercambio mantido co IES de Elviña da Coruña.

  • + Galego
  • Campaña de sensibilización da Fundación Forem en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

  • Xa chega o Samaín 2009
  • Convoca o ENDL do CEIP Bergantiños de Carballo.

  • Certame de Carteis con Lema
  • Convoca o ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

  • Certame Literario
  • Convoca o ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

  • Linguas Cruzadas
  • Unidade didáctica elaborada pola profesora de Lingua Galega e especialista en sociolingüística Ana Iglesias e editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a partir do documental homónimo de María Yáñez e Mónica Ares (2007), que afonda na situación sociolingüística do idioma. A unidade didáctica inclúe un caderno para o alumno e o caderno para o profesor. Estrutúrase en bloques de actividades previas e posteriores ao visionado do documental para traballar as actitudes lingüísticas do alumnado dende a perspectiva da mocidade.

  • Maio, mes das letras
  • Guía de lecturas en lingua galega que inclúe, ademais de libros, música, cinema, banda deseñada e algunhas reflexións sobre a lingua galega. Letras Galegas 2009.

  • Polo Nadal tamén libros
  • Guías de recomendacións literarias para o Nadal clasificadas por niveis (decembro 2009)

  • Por que optei polo galego?
  • Proposta do ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

  • IIIº Concurso de Cartas aos Reis Magos
  • Actividade de sensibilización lingüística do SNL do Concello de Ames de cara ao Nadal. Os Reis Magos convocan os nenos e nenas de Ames a un concurso de cartas e a que lles pidan agasallos en galego. SNL do Concello de Ames

  • En galego... máis e mellor!
  • Boletín que inclúe novas da actualidade do idioma e breves apuntamentos lingüísticas.

  • Concurso de Tarxetas Dixitais de Nadal
  • Convocado polo ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Vigo

  • Caza do Tesouro O Apalpador ou Apalpabarrigas
  • Webquest sobre este personaxe mítico do nadal galego dirixida ao alumnado de Primeiro de Educación Primaria.

  • Concurso de Tarxetas Dixitais de Nadal
  • Convocado polo ENDL da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

  • Tríptico elaborado para o intercambio
  • Material do intercambio realizado no curso 2008-2009 entre o IES Félix Muriel e o IES Santiago Basanta de Vilalba. Entrégaselle ao alumnado visitante e contén, ademais do programa do día, os textos que van lendo os rapaces nos distintos espazos durante a visita.

  • Ficha de dúbidas lingüísticas para o profesorado
  • Elaborado polo ENDL e repartida entre o profesorado do centro a principio de curso e mais aos que van chegando novos, para que poidan pasarnos as súas dúbidas -se as teñen- á hora de impartiren as súas clases en lingua galega. Déixannolas no casilleiro e devolvémosllas persoalmente.

  • 2008 Ano Internacional das Linguas
  • Presentación elaborada polo ENDL do IES de Elviña (A Coruña)

  • A lingua galega e a relación coas TIC
  • Presentación de Marcelino Veiguela Fuentes, Asesor Científico-Tecnolóxico do CEFORE en Tui, sobre o proxecto "A Lingua Galega e a Relación coas TIC", Premio á Innovación en Normalización Lingüística 2007 (SXPL).

  • O Fiadeiro
  • Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística da EOI de Ferrol para os curso 2007-2008 e 2008-2009.

  • A Planificación Lingüística no Ensino
  • Presentación elaborada por Mercedes Queixas Zas para as xornadas de formación "Competencia en comunicación lingüística nunha Europa plurilingüe e pluricultural" (Pontevedra, novembro 2008)

  • O PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto galegófono
  • Proxecto de dinamización lingüística presentado por Xaime Varela, do IES Chano Piñeiro de Forcarei, no "IV Seminario de Dinamización Lingüística" organizado pola SXPL da Xunta de Galicia (maio 2009)

  • O Proxecto Lingüístico de Centro
  • Presentación elaborada por Monteserrat Ferrer (Universitat Jaume I do País Valenciano) no "III Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino" (Galicia, outubro 2008).

  • Obradoiro de Proxecto Sociolingüístico Centro
  • Presentación elaborada por Mercedes Queixas Zas para o "III Seminario de Dinamización Lingüística nos centros de ensino" (Galicia, outubro-novembro 2008).

  • As Coordinacións Territoriais dos ENDL
  • Presentación de Uxía Nogueira, coordinadora provincial dos Equipos de Normalización Lingüística ("II Seminario de Dinamización Lingüística", Pontevedra, outubro-novembro 2007).

  • Nadal en Galego
  • Escolma de produtos etiquetados en galego e de agasallos para toda a familia.

  • Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego.
  • Selección de agasallos culturais (libros para os peques da casa ou novelas policíacas, cedés con música variada ou filmes) en lingua galega.

  • Axenda Escolar 2009-2010
  • ENDL do IES de Curtis

  • Axenda Escolar 2008-2009
  • ENDL e Departamento de Orientación do CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume

  • Axenda Escolar 2008-2009
  • Axenda Escolar 2008-2009 CEIP A Carballeira de Lourizán (Pontevedra)

  • En galego por e para eles/elas
  • Folleto informativo do ENDL do CEIP de Quiroga para se presentar ante as familias

  • A Nosa Voz - Revista escolar do CEIP Bergantiños
  • Revista escolar do CEIP Bergantiños

  • Vocabulario "Material Escolar"
  • Unidade didáctica sobre o léxico do ámbito escolar

  • Certame de felicitacións de Nadal
  • Certame de Felicitacións de Nadal

  • Concurso de Felicitacións de Nadal
  • Concurso de Felicitacións de Nadal

  • Concurso de Relatos de Nadal
  • Concurso de Relatos de Nadal

  • Concurso de Tarxetas de Nadal
  • Concurso de Tarxetas de Nadal

  • Concurso de Postais de Nadal
  • O concurso completouse coa campaña "Neste Nadal regala (en) galego!", lema da contraportada da postal difundida entre a comunidade educativa e que inclúe a distribución do "Catálogo de regalos en galego" (CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral) e difusión de información relacionada a través da web.

  • Que madeira é esta? - Que mobles son estes?
  • Folletos descritivos de diferentes tipos de madeiras e mobles Departamento de Madeira e ENDL do IES de Melide

  • A Nosa Voz- Revista do CPI Aurelio M. Rey García
  • Revista do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis (Curso 2007-2008)

  • Intres - Revista do IES de Melide
  • Revista do IES de Melide (Curso 2008-2009)

  • Cousas Nosas - Revista do IES Val do Tea
  • Revista do IES Val do Tea de Ponteareas (Curso 2008-2009)

  • Concurso "Vistomengalego"
  • Certame de deseño de camisolas en galego.

  • Concurso: O rap do Instituto - IES Val do Tea
  • Certame que busca a mellor letra do que será, unha vez que se lle engada a música, a canción identificativa do centro escolar.

  • Certame Literario de Nadal - IES Lagoa de Antela
  • Bases do concurso de microrrelatos e micropoemas.

  • A Tabarra Dixital
  • Revista do IES da Pobra do Caramiñal

  • Graos de corvo
  • Publicación do ENDL do IES Sardiñeira da Coruña

  • O Choupín
  • Revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

  • Bico da Ría
  • Revista do IES Félix Muriel de Rianxo

  • Revista As Ferreiras
  • Revista As Ferreiras, do ENDL do IES Pintor Colmeiro de Silleda.

  • Bótame na pota
  • Actividade de divulgación do vocabulario gastronómico a partir da explicación e elaboración, ante as cámaras, de receitas por parte de diferentes membros da comunidade educativa ao estilo do programa televisivo "Larpeiros". Tamén se traballan a oralidade, os textos instrutivos, a integración das novas tecnoloxías, etc.

  • Concurso de Artigos de Opinión
  • ENDL do IES A Cachada de Boiro

  • Concurso de Banda Deseñada
  • ENDL do IES A Cachada de Boiro

  • Concurso de Fotografía
  • ENDL do IES A Cachada de Boiro

  • Concurso de Poesía
  • ENDL do IES A Cachada de Boiro

  • Concurso de Relato Curto
  • ENDL do IES A Cachada de Boiro

  • Concurso: “A nosa historia facémola nós”
  • A idea é rescatar dos caixóns e dos vellos álbums familiares fotos que teñan unha historia detrás, que moitas veces non é coñecida pola xente máis nova da familia. Desta maneira trátase de que os alumnos teñan un achegamento a xentes e a sucesos que ocorreron hai tempo e que no seu momento foron importantes. Tamén se busca que se produza un acercamento entre as vellas e novas xeracións a través de imaxes de persoas que foron mozos e mozas, que traballaron, que se namoraron, que choraron, que riron e fixeron festas, que emigraron, que casaron e tiveron fillos, repartiron herdanzas, fixeron unha casa...

  • "E comeron felices..." Unha historia sobre a desnutrición infantil
  • Xogo dirixido ao público infantil a partir de 10 anos para que coñezan a realidade da desnutrición infantil e entendan que tomar conciencia dela e difundila tamén é unha forma de contribuír a solucionala.

  • Teatro Dixital "O coelliño branco"
  • Creación dunha historia , dramatización e gravación en vídeo.

  • O pingüín perdido
  • Conto elaborado co programa Tux paint. O alumnado e o profesorado inventaron o conto e logo cada alumno/a individualmente fixo o debuxo nun folio. Despois coloreouse e introduciuse o texto co programa Tux Paint.

  • Actividades Lim
  • Actividades para os máis cativos que inclúen puzles, ordenación de letras, etc.

  • Carta aos Reis Magos
  • Modelo de carta aos Reis Magos para que os nenos e as nenas poidan pedir os seus agasallos. Inclúe unha unidade didáctica para pais, nais e docentes que ten como obxectivo fomentar o uso do galego na infancia e orientar os pequenos e pequenas na confección dunha carta creativa e imaxinativa. Promóvese a utilización de xogos colectivos e non sexistas, os valores como o consumo responsábel e o respecto ao medio ambiente, así como a recuperación das tradicións galegas.

  • A web 2.0 en galego
  • Escolma de ferramentas para a creación, o manexo e o intercambio de contidos creadas pola propia comunidade internauta galega. ENDL do IES da Pobra do Caramiñal.

  • Recursos en galego na rede para a mocidade
  • Contén recursos que se poden atopar na rede dirixidos á xente nova: xurídicos, de orientación académica, blogs, VOLG, etc.

  • Regalemos Galego 2009
  • Contén xoguetes, xogos de mesa, filmes, música de todos os estilos e para todos os públicos, roupa, novas tecnoloxías... todo nun catálogo de 16 páxinas en cor. Este catálogo é o resultado do traballo feito polos alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI Vicente Otero Valcárcel en horas lectivas e fóra do horario escolar.

  • Resumo das normas ortográficas do 2003
  • Resumo das novidades nas normas ortográficas publicadas en 2003.

  • Díptico Campaña a prol da Competencia Lingüística
  • Díptico que mostra a riqueza cultural que supón a lingua e as vantaxes do seu uso.

  • Díptico de música infantil en galego
  • Recomendacións musicais en lingua galega para os máis cativos e cativas.

  • Calendario Uxío Novoneyra 2010
  • Calendario do ano 2010 que percorre as paisaxes da poesía de Uxío Novoneyra no Courel.

  • Safari Fotográfico "Enfocando o galego"
  • Iniciativa dos ENDL dos centros de ensino do Grove e o SNL municipal na que o alumnado trata de "cazar" mediante fotografías os erros lingüísticos que presenta a sinaléctica do concello meco.




16 de Outubro de 2016
twitter tuenti facebook youtube slideshare vimeo








Aviso Legal

Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.