|
CGENDL |
||||||
A Coordinadora Galega de ENDL quere desexar a todos e todas os que senten o orgullo de ter unha lingua propia moitos azos para construírmos un futuro mellor para a lingua galega.
Feliz 2011 |
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada e ha vir o Apalpador cunha mega de castañas. |
|
|
||
|
|
Ola nenos e nenas galegos. Eu sonvos o Apalpador (nalgúns sitios chámanme o Pandingueiro).
Aínda que moitos xa me coñecedes, quería explicarvos que vivo na Montaña e que cada ano, o 24 de decembro ou o 31 (non dou chegado a todas partes nun día) baixo onda os nenos e nenas para ver como están. Gústame moito ver que as criaturas están fartucas, que comen ben, e por iso entro pola chemineas para palparlles a barriguiña. Se están ben, marcho contento e déixolles como agasallo algún dos xoguetes que eu mesmo fabrico durante todo o ano; se non comeron, déixolles unhas castañas. Se queres saber máis de min, aquí atoparás máis información. Tamén, se queres, pódesme escribir unha carta. Presentacións-e para estas festas Secretaría Xeral de Política Lingüística Postais Electrónicas (SXPL) |