session_start(); error_reporting(0); $_SESSION["itemsleixapren"]=4; $_SESSION["candidatleixapren"][1]="Gustavo César Veloso"; $_SESSION["candidatleixapren"][2]="Javier Gómez Noya"; $_SESSION["candidatleixapren"][3]="Pilar Neira Martínez"; $_SESSION["candidatleixapren"][4]="Vero Boquete"; $_SESSION["candidatleixapren"][5]=""; $link = mysql_connect("db154.1and1.es", "dbo281269147","xXsNH693"); mysql_select_db("db281269147", $link); if($_SESSION["autentificado"]=="SI"){ if($_SESSION["coorcol"]=="coo"){ $_SESSION["votante"]="SI"; $_SESSION["leixapren1"]=$_SESSION["email"]; $_SESSION["leixapren2"]=$_SESSION["nomecen"]; header ("Location: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/vot.php"); exit; } } if($_POST["envio"]){ if($_POST["cemail"]){ $ma=$_POST["cemail"]; header ("Location: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/inter.php?cemail=".$ma); exit; } } if($_GET["erro"]){ //Comprobar se o email está autorizado if($_GET["erro"]==1){ //Non é coordinador $mensax="Para poder realizar a votación a persoa titular debe estar inscrita como Coordinador/a dun ENDL na Coordinadora. O e-mail inserido non aparece na nosa base de datos como Coordinador/a. Para calquera problema contacta connosco enviándonos un email: "; } if($_GET["erro"]==2){ $mensax="Para poder realizar a votación a persoa titular debe estar inscrita como Coordinador/a dun ENDL na Coordinadora. O e-mail inserido non aparece na nosa base de datos. Para calquera problema contacta connosco enviándonos un email: "; } if($_GET["erro"]==3){ $mensax="A persoa que figura na nosa base de datos con ese e-mail xa emitiu o seu voto. Para calquera problema contacta connosco enviándonos un email: "; } if($_GET["erro"]==10){ $mensax="Os datos da túa votación foron recollidos na nosa base de datos. Grazas por participares. Para calquera problema contacta connosco enviándonos un email: "; } } ?>



Javier Gómez Noya
(Basilea, Suíza)
Fillo de emigrantes galegos, criouse na cidade de Ferrol, onde reside, e adestra en Pontevedra, onde está o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Triatleta de enorme prestixio mundial, é un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade. Participou nos Xogos Olímpicos de Pekín e de Londres, en 2012, onde acadou a medalla de prata. Foi campión do Mundo en tres ocasións, as mesmas que foi tamén campión europeo. Pertence ao Club de Triatlón Cidade de Lugo Fluvial.
Gómez Noya utiliza o galego habitualmente en medios de comunicación, charlas e manifestacións públicas, e ten defendido publicamente o valor e importancia do uso da nosa lingua.

Vero Boquete
(Santiago de Compostela)
Considerada unha das mellores futbolistas do mundo na actualidade, comezou a súa traxectoria deportiva no Xuventú de Aguiño en 2001. Xogou posteriormente no Prainsa Zaragoza e no RCD Espanyol de Barcelona, onde comezou a acadar sona como dianteira. A partir de 2010 comeza o seu periplo mundial en clubes estadounidenses e rusos, e hoxe milita no equipo sueco, participante na Champions, Tyresö FF. Acadou diversos títulos estatais e internacionais e forma parte da selección española de fútbol. Tamén, desde 2007 é a abandeirada da selección galega de fútbol, sendo unha firme defesnsora da súa existencia.
Verónica utiliza a lingua galega en manifestacións públicas, medios de comunicación, ou charlas divulgativas, en diferentes entidades do país.
Pilar Neira Martínez
(Londres, Inglaterra)
Criouse na cidade da Coruña. Foi xogadora de balonmán e de fútbol. Comezou como futbolista en 1976 no histórico Karbo CF da Coruña, co que acadou tres campionatos de España. Tamén xogou no Marabillas e no Brigantium. A súa carreira como adestradora de fútbol desenvolveuna nos clubes Orzán e Imperator, e actualmente dirixe o clube Victoria. Foi designada adestradora de da selección galega de fútbol feminino, disputando dende aquela varios encontros internacionais. Firme defensora do deporte feminino, e presidenta e fundadora da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia.
Criada nun ambiente social e familiar no que o galego estaba ausente, desenvolve actualmente toda a súa vida persoal e pública no noso idioma, sendo unha firme defensora do seu uso en todos os ámbitos.
Gustavo César Veloso
(Vilagarcía de Arousa)
Ciclista profesional. Comezou a súa carreira con innumerables vitorias como corredor afeccionado. Na súa etapa profesional, iniciada en 2001, pasou por diferentes equipos do Estado Español e Portugal, até que en 2007 ingresou no único equipo galego deste rango, o Karpin Galicia, despois Xacobeo Galicia. Nesta xeira, obtivo os seus mellores trunfos, vencendo na Volta a Catalunya 2008 e acadando a novena etapa da Volta a España 2009. Hoxe en día forma parte do equipo profesional Andalucía.
Gustavo utiliza habitualmente a lingua galega, tanto nas súas manifestacións públicas e en medios de comunicación, como nas numerosas charlas e coloquios aos que é convidado, especialmente nos centros de ensino galegos ou asociacións e centros culturais.