{"id":99,"date":"2022-11-19T01:54:56","date_gmt":"2022-11-19T01:54:56","guid":{"rendered":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/?page_id=99"},"modified":"2022-11-20T02:25:40","modified_gmt":"2022-11-20T02:25:40","slug":"benvidos","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/","title":{"rendered":"BENVIDA"},"content":{"rendered":"\n
<\/span>\"\"
\n

No medio do mar, estando n\u00f3s xantando, rillando, parolando e facendo fermosos e cortos discursos, Pantagruel ergueuse e ficou en p\u00e9 para explorar o arredor. Despois, d\u00edxonos:
<\/p>\n\n\n\n

– Compa\u00f1eiros non ouvides nada? Par\u00e9ceme que estou a ouvir xente que fala no aire e mais non vexo ningu\u00e9n. Escoitade!
<\/p>\n\n\n\n

Tras esta s\u00faa orde todos nos puxemos atentos e zugabamos o aire coas orellas, como fermosas ostras abrindo a s\u00faa cuncha, para escoitarmos se algunha voz ou alg\u00fan son se esparex\u00eda por al\u00ed. E para non perdermos nada, a exemplo do emperador Antonino, alg\u00fans pu\u00f1amos a palma da man detr\u00e1s das orellas. Con todo, asegurabamos non sentir voz ningunha.
<\/p>\n\n\n\n

Pantagruel continuou, afirmando ouvir no aire diversas voces tanto de homes como de mulleres, cando n\u00f3s decat\u00e1monos de que ou estabamos tam\u00e9n a ouvilas ou nos cantaban as orellas. Canto m\u00e1is perseverabamos a escoitar, m\u00e1is dexergabamos as voces, ata sentirmos palabras enteiras. O que nos aterrou grandemente, e non sen motivo, ao non vermos ningu\u00e9n e sentirmos voces e sons tan diversos de homes, de mulleres, de rapaces e de cabalos, de xeito que Panurgo exclamou:
<\/p>\n\n\n\n

-Caso en tal! Fan bulra de n\u00f3s? Estamos perdidos. Lisquemos! \u00c9 unha emboscada. Frei Xo\u00e1n, est\u00e1s a\u00ed, meu amigo? Tente cabo de min, supl\u00edcocho. Tes o teu bracamarte? Coida de que non  quede pegado \u00e1 ba\u00ed\u00f1a. Ti non lle desenferruxas a metade. Estamos perdidos! Escoitai! Deus me asista, son canonazos! Lisquemos
<\/p>\n\n\n\n

Pantagruel, sentindo o esc\u00e1ndalo que formaba Panurgo, dixo:
<\/p>\n\n\n\n

– Quen \u00e9 ese que quere fuxir? Vexamos primeiro qu\u00e9 xente \u00e9 ela. Pode que sexan dos nosos. A\u00ednda non vexo ningu\u00e9n e mais estou a mirar cen millas arredor. Pero escoitemos. Lin que un fil\u00f3sofo chamado Petr\u00f3n era da opini\u00f3n de que hab\u00eda varios mundos que se tocaban os uns aos outros en figura de tri\u00e1ngulo equil\u00e1tero, e dic\u00eda que no seu p\u00e9 e centro estaba a morada da Verdade e a vivenda das Palabras, as Ideas, os Exemplares e retratos de todas as cousas pasadas e futuras, e que arredor destas estaba o S\u00e9culo. E que certos anos, en longos intervalos,  unha parte deles ca\u00eda enriba dos humanos como secreci\u00f3ns catarrosas e como ca\u00edu o orballo riba do guedello de Xede\u00f3n, e outra parte ficaba reservada para o porvir, ata a consumaci\u00f3n do S\u00e9culo.
<\/p>\n\n\n\n

L\u00e9mbrome tam\u00e9n que Arist\u00f3teles mant\u00e9n que as palabras de Plat\u00f3n revoan, dan reviravoltas e se moven, e por conseguinte est\u00e1n animadas.
<\/p>\n\n\n\n

De por parte, Ant\u00edfanes dic\u00eda que a doutrina de Plat\u00f3n canto \u00e1s palabras era semellante, e que elas, nalgunha bisbarra, no tempo do inverno forte, cando son proferidas, conx\u00e9lanse, xeadas no lazo, e non son ouvidas. Polo mesmo motivo, o que Plat\u00f3n lles ensinaba ao rapaces pequenos apenas o daban estes escoitado cando \u00edan vellos.
<\/p>\n\n\n\n

Agora ser\u00eda cousa de filosofar e de pescudar se por gran fortuna ser\u00eda este o lugar no que tais palabras se desconxelan. Quedariamos ben asombrados se fosen a cabeza e a lira de Orfeo. Porque despois de que as mulleres tracias despedazaron a Orfeo botaron a s\u00faa cabeza e a s\u00faa lira ao r\u00edo Hebros. Estas baixaron polo r\u00edo ao mar P\u00f3ntico ata a illa de Lesbos, sempre nadando xuntas polo mar. E da cabeza sa\u00eda continuamente un canto l\u00fagubre, como lamentando a morte de Orfeo. A lira, co impulso dos ventos que a mov\u00edan, harmonizaba os seus acordes co canto. Miremos se as vemos de arredor de aqu\u00ed.
<\/p>\n\n\n\n

Respondeu o piloto:
<\/p>\n\n\n\n

– Se\u00f1or,  non vos asustedes de nada! Aqu\u00ed \u00e9 o conf\u00edn do mar glacial, onde tivo lugar, a comezo do inverno pasado, unha longa e dura batalla entre os arismapianos e os nefelibatos. Ent\u00f3n conxel\u00e1ronse no aire as palabras e os berros dos homes e mulleres, os crocazos das mazas, as zoupadas das armaduras e das carapazas, o rinchar dos cabalos e todo o restante balbordo do combate.  Arestora, pasado o rigor do inverno, chegada a serenidade e a mornura do bo tempo, f\u00fandense e son ouvidas.
<\/p>\n\n\n\n

– Deus me valla! -dixo Panurgo- Cr\u00e9oo ben, mais poderiamos ver algunha delas? L\u00e9mbrome ter lido que, dende a aba da monta\u00f1a na que Mois\u00e9s recibiu  a lei dos xudeus, o pobo v\u00eda as voces de xeito sens\u00edbel.
<\/p>\n\n\n\n

– Tomade, tomade! -dixo Pantagruel- Vela\u00ed tedes algunhas que a\u00ednda non est\u00e1n desconxeladas.
<\/p>\n\n\n\n

Ent\u00f3n botounos enriba da cuberta mancheas de palabras conxeladas, que semellaban graxeas perladas de diversas cores. Vimos palabras vermellas, palabras verdes, palabras azuis, palabras negras, palabras douradas. Elas, ao que queceran un pouqui\u00f1o nas nosas mans, fund\u00edanse como a neve, e ouviamolas realmente pero non as entendiamos porque era lingua b\u00e1rbara. Non sendo unha algo grosi\u00f1a, que frei Xo\u00e1n fixera quecer nas s\u00faas mans, e fixo un son coma o  das casta\u00f1as que se botan \u00e1 brasa sen estaren amoxetadas cando estoupan, fac\u00e9ndonos sobresaltar a todos co medo.<\/p>\n<\/div><\/div>\n\n\n\n\n\n\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-99","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/99"}],"collection":[{"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=99"}],"version-history":[{"count":29,"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/99\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":260,"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/99\/revisions\/260"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/palabrasdesconxeladas.gal\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=99"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}