O arcebispo Diego Xelmírez foi determinante na introdución da arte románica en Galicia, explicaron Ramón Yzquierdo e Manuel Castiñeiras
O profesor Ramón Izquierdo Perrín, no seu relatorio “Diego Xelmírez e os inicios do románico en Galicia”, anotou as fases da lenta introdución da arte románica en Galicia ao longo do século XI, acompasado coa pacificación do territorio, a configuraciòn das dióceses, a adopciòn do rito romano e a activación das peregrinacións. Aludiu ao importante papel desempeñado pola abadía de Cluny e, particularmente, á irradiación que nise senso supuxo o inicio da catedral de Santiago o 11 de xullo de  1078, da man do mestre don Bernardo el Viejo. Lembrou que Xelmirez, bispo de Compostela desde 1100, consagrou os altares en 1105 e que desde esa data a expansión do románico foi un feito ata os primeiros anos do século XIII.
OS TALLERES DE CONQUES
Esa nova corrente artística procedía de Francia e aí aparecen os contactos de Xelmírez con Cluny e con outros centros galos, aspecto ao que se referiu Manuel Castiñeiras (“Jaca, Toulouse, Conques e Roma: as pegadas das viaxes de Xelmírez na arte románica compostelá”). O profesor da Unmiversidade Autónoma de Barcelona referiuse á “peregirnación ao revés” que fixo Xelmírez na procura do engrandecemento da igrexa compostelá e reparou na importancia dos traballos desenvolvidos na catedral de Santiago (portas Frnacíxena e das Platerías) polos mestres procedentes dos talleres de Conques.
Pola tarde Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da Universidade Santiago, falou sobre “Diego Xelmirez e as raíces do Liber Sancti Iacobi (Libro V do Códice Calixtino”, outra referencia esencial do legado do arcebispo.
A segunda xornada do Congreso concluiu co relatorio de Henrique Monteagudo, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, que falou sobre “As orixes da lírica galego-portuguesa”. Orixes que situo entre 1190 e 1195 no territorio da antiga Gallaecia, nomeadamente Galicia e unha zona ao norte do que é hoxe Portugal. Non descartou outras infleuncias e salientou o alcance hispánico dista ccontribución literaria galego-portuguesa.
A xornada comezara co relatorio “Artes suntuarias bizantinas y europeas en el siglo XII: aspectos iconográficos y litúrgios”, ao cargo de Ángela Franco, do Museo Arqueológico Nacional-Madrid.
GALLAECIA MONUMENTA HISTÖRICA
No curso da xornada, Manuel Gago, director do portal cutural www.culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, explicou someramente as características do enlace “Gallaecia Monumenta Historica”, que podrá verse no portal institucional www.consellodacultura.org.
Unha achega documental de libre acceso, contextualizada e coa posibilidade da lectura transversal de conceptos, topónimos, persoas e datas. Unha oferta que se suma ás “Fontes para a Historia de Galicia”.
SÁBADO 20
O Congreso rematará mañá sábado con dous últimos relatorios:
10´30 h. “Las reformas del siglo XII y su vertiente lingüística”. (Roger Wright. University of Liverpool).
12 h. “La Historia Compostelana en el panorama de la historiografía latina medieval”. Emma Falque. Universidad de Sevilla).