----

Activades para celebrar as Letras Galegas no Concello da Estrada

O Concello da Estrada, en colaboración con entidades culturais do municipio, está a desenvolver ao longo deste mes de maio diferentes actividades de promoción e divulgación do Día das Letras Galegas.

Ademais das exposicións e a conferencia sobre a figura do escritor homenaxeado desenvolvidas nas dúas primeiras semanas de maio, o programa completarase nos vindeiros días coa lectura do manifesto “1 000 festas para a lingua galega”, unha ofrenda floral diante do monumento de Marcial Valladares, un roteiro literario, unha representación de teatro infantil, a presentación do poemario O sol rebuldeiro, de Xosé Luna, e o obradoiro “Títerehop”, esta última actividade enmarcada no programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Para consultar o programa completo, prema aquí.