----

Os Reis Magos convidan os nenos de Ames e Santiago a escribirlles en galego

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames e Santiago organizan cadanseu concurso de cartas aos Reis Magos, para fomentar a creatividade dos máis pequenos/as da casa e promover o uso do galego nas actividades do lecer.
Os Reis Magos convidan os nenos de Ames e Santiago a escribirlles en galego

As nenas e nenos de Ames teñen de prazo para participar no VI Concurso de cartas de Nadal ata o vindeiro 18 de decembro. Os/as nenos/as composteláns/ás que queiran participar no I Concurso de cartas de Reis teñen que enviar a súa carta antes do 19 de decembro.

En ambos os dous concursos establécense tres categorías segundo a idade dos participantes. Serán os propios Reis os que fagan a entrega dos premios o vindeiro 5 de xaneiro no transcurso da cabalgata.