O Celta de Vigo formaliza o seu compromiso co idioma regulando no seu convenio colectivo, publicado no DOG do 24 de marzo de 2003, os dereitos lingüísticos dos traballadores da empresa.
No artigo 45º deste convenio dise literalmente que “os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega (...) e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo”. No que respecta ás obrigas, faise constar que tanto a dirección coma os representantes dos traballadores e traballadoras fomentarán o uso do galego nas actividades internas e nas súas relacións.


