Os editores que desexen acollerse ós beneficios desta orde, publicada no DOG do 31 de marzo de 2003, deberán presentar unha solicitude por cada libro, segundo os modelos que figuran no anexo da citada orde.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 40 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da orde, excepto as que se presenten segundo o anexo A (para obras xa editadas en lingua galega), que teñen de prazo ata o 30 de setembro de 2003.


