John Rutherford é profesor doutor na Universidade de Oxford, onde dirixe desde 1991 o Centro de Estudios Galegos. Neste centro é responsable tamén do obradoiro de traducción, ó tempo que promove a creación de obradoiros similares noutras universidades de Gran Bretaña, desde os que se elaboran versións en lingua inglesa de numerosas obras da nosa literatura, tanto clásica como actual.
Outra das actividades máis salientables do centro son as xornadas culturais Mar por medio, que se organizan cada verán en Ribadeo desde 1992, e nas que se analiza desde diferentes perspectivas a relación entre Galicia e Gran Bretaña.
En colaboración co Centro de Estudios Galegos da Universidade de Birmingham publica anualmente a Galician Review, única revista académica en lingua inglesa relacionada co estudio do noso idioma.
A entrega de premios, que tradicionalmente se celebra o domingo despois das Letras Galegas, terá lugar nesta ocasión o vindeiro domingo 18 de maio.


