----

Na rúa o nº 18 do Boletín de Administración e Lingua

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) edita un novo número do seu Boletín de Administración e Lingua, publicación semestral onde se recolle documentación, estudios e comentarios relacionados co uso do galego na Administración.
(Máis información)

Neste número 18, correspondente ó período xullo-decembro de 2002, poderá consultar unha compilación de lexislación estatal e autonómica sobre cuestións lingüísticas.


Tamén nos propoñen artigos como “Sarmiento e a galeguización da Administración de Xustiza”, “A linguaxe xudicial: argumentación e estilo” e “A RAE e a terminoloxía xurídica”, así como a crónica do Seminario internacional sobre a Administración nunha sociedade multilingüe, que baixo a organización da EGAP se celebrou en Santiago os días 6 e 7 de xuño de 2002.