Neste número poderá coñecer o lema gañador do concurso promovido desde a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía, obter información sobre a exposición de deseños gráficos presentados ó concurso para dotar de logotipo as comisións de normalización lingüística (CNL) ou coñecer USC-LEXITERM, a nova rolda terminolóxica da USC. Así mesmo, tamén pode ser do seu interese o artigo sobre a lingua galega nos novos Estatutos da USC ou a entrevista con Concha Losada, da CNL de Psicoloxía, que nos achega información sobre novos proxectos de formación multidisciplinar no noso idioma.
Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.


