----

Bolsa de colaboración na Área de Innovación Académica da Universidade de Vigo

A Área de Innovación Académica da Universidade de Vigo anuncia a convocatoria dunha bolsa de colaboración para licenciados/as e estudiantes de Filoloxía Galega ou Hispánica.
(Máis información)

O obxecto da bolsa é colaborar na creación de cursos para a Área de Innovación Académica e as tarefas do/a bolseiro/a consistirán en traducir e/ou normalizar o material dos cursos e participar na creación ou actualización dos mesmos.


A bolsa terá unha dedicación semanal de 25 horas e o período de colaboración prolongarase durante catro meses, renovables automaticamente por seis meses máis despois do informe favorable do director de área.


O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 18 de xuño de 2003. Se desexa máis información prema aquí.