----

Praza de auxiliar administrativo de normalización lingüística

O Concello de Miño convoca unha praza de auxiliar administrativo de normalización lingüística dentro da oferta de emprego público de 2003.
(Máis información)

A praza pertence á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais (Grupo D), e esíxese como requisito posuír o título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.


O sistema de selección comporase de dúas fases: fase de concurso de méritos e fase de oposición libre.


As instancias, dirixidas ó alcalde, deberán presentarse no Rexistro Xeral do concello durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio.


Se desexa máis información pode consultar o BOP da Coruña do 5 de xuño de 2003.