----

Primeiro formulario xurídico en lingua galega

O Consello da Avogacía Galega presentou en Ferrol a campaña de distribución dun formulario xurídico en lingua galega, dirixido tanto ó ámbito da avogacía como a todas aquelas persoas interesadas na normalización dos usos lingüísticos no eido da xustiza.
(Máis información)

A iniciativa é froito do Proxecto Fórmula, proxecto de compilación e formalización do galego de uso xurídico, no que leva traballando un equipo pluridisciplinar de lingüistas e xuristas desde comezos do ano 2000.


O formulario preséntase nunha aplicación informática, de uso libre e gratuíto, que ademais dun doado manexo dos documentos permite a actualización automática de novidades a través de internet.


Xunto con este formulario, que se distribuirá en formato Cd-rom, achégase tamén un pequeno “Manual de redacción de documentos xurídicos” e unha “Compilación de terminoloxía xurídica”. Nun futuro, preténdese completar este proxecto coa edición dun “Léxico xurídico completo castelán-galego”.


Se desexa máis información visite o web do Consello da Avogacía Galega.