A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua quere conmemorar o seu cuarto de século de traballo a prol do galego (1996-2021) difundindo unha serie de conversas en liña, conducidas pola xornalista e escritora Rosa Aneiros, nas que nos convidan a reflexionar en clave sociolingüística sobre os feitos máis salientables acontecidos nestes últimos 25 anos, así como sobre os retos que cómpre encarar no futuro no eido da planificación lingüística. Os vídeos publicaranse na canle de Youtube da CTNLentre os días 15 e 19 de decembro de 2021 (ás 21:00 h), mais xa podes ver un pequeno adianto. Para ampliar información sobre esta iniciativa, preme aquí.