Curso de perfeccionamento en lingua oral para os medios de comunicación


O Departamento de Filoloxía Galega e o Instituto de Lingua Galega da USC organizan este curso de lingua oral que ten como obxectivos ampliar a capacidade do alumnado para empregar os recursos fonéticos, prosódicos e pragmáticos máis axeitados para as diferentes funcións e formatos da comunicación audiovisual.
(Máis información)


O curso está destinado a profesionais dos medios de comunicación, da dobraxe e das artes escénicas, así como a licenciados en Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Filoloxía.


As sesións (115 horas) desenvolveranse entre o 4 de outubro de 2005 e o 23 de febreiro de 2006, en horario de martes a xoves, das 15,30 h. ás 17,30 h.


Todas as persoas interesadas teñen de prazo para facer a súa preinscrición ata o vindeiro 14 de setembro de 2005.
O prezo da matrícula é de 275 € (taxas de expedición de título incluídas) e deberá formalizarse entre o 19 e o 30 de setembro.


Para obter máis información, debe dirixirse á Secretaría do Departamento de Filoloxía Galega: Tel. 981 563100 ext. 11784.