Curso de dinámicas e técnicas grupais aplicadas á normalización lingüística


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) organiza unha nova edición deste curso de formación que ten como principal obxectivo dar a coñecer ferramentas e dinámicas de traballo para desenvolver o labor de normalización lingüística no ámbito dos grupos.
(Máis información)

O curso desenvolverase en Santiago, os días 7 e 8 de novembro e todas as persoas interesadas teñen de prazo para inscribirse (a través do web da CTNL) ata o vindeiro 21 de outubro. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, dando sempre prioridade aos socios/as da CTNL. Unha vez realizada a preinscrición, deben agardar a recibir a confirmación de admisión antes de efectuar o pagamento, trámite co que se dará por formalizada a matrícula.

Se desexa máis información sobre os obxectivos e contidos deste curso, prema aquí.