O Consello Municipal da Lingua deste concello presentou onte o Plan de normalización lingüística de Ferrol, que pretende que todos os sectores da cidade sumen esforzos para defender a lingua e potenciar a súa utilización.
(Máis información)
Coa aprobación deste documento, o Concello de Ferrol aposta decididamente porque o proceso normalizador da cidade se desenvolva de xeito organizado e planificado, contando sempre co consenso e a participación dos diferentes sectores sociais.
Con este plan, no que se detallan polo miúdo os seus obxectivos, liñas de acción e medidas, preténdese intervir nos seguintes sectores:
-Administración municipal.
-Ensino e mocidade.
-Socieconómico.
-Ámbito sociocultural.
-Deporte.
-Confesións relixiosas.
-Medios de comunicación.
-Tecnoloxías da información e da comunicación.
Tanto a propia aprobación do documento como as accións que del se deriven, suporán un novo pulo normalizador na Administración local e contribuirán sen dúbida, como ben subliñan os promotores do proxecto, a mudar a relación da sociedade ferrolá coa lingua galega.

