Tras o dictame da Comisión de Toponimia e da posterior deliberación do Consello da Xunta de Galicia, apróbase finalmente o nomenclátor correspondente á provincia da Coruña.
(Máis información)
O decreto, ó que se lle engade como anexo a listaxe completa dos topónimos aprobados, aparece publicado no DOG do 25 de marzo de 2003.
Quedaría así completo o nomenclátor oficial das entidades de poboación de Galicia, elaborado en virtude da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

