Comezan os obradoiros Máis Alá!


Tagen Ata pon en marcha a cuarta edición destes obradoiros de lingua e sociedade, que pretenden espertar o interese e a sensibilidade lingüística entre a mocidade.
(Máis información)

Tras o éxito acadado en anteriores edicións, volve a poñerse en marcha esta actividade, que comezou hai catro anos en Santiago e foise extendendo a outros concellos coma Pontevedra, Vigo, Ferrol e Fene.

Nesta ocasión ofértase tamén un nivel avanzado para aqueles alumnos que xa participaron en anos anteriores.


Os principais obxectivos dos obradoiros Máis Alá! son os seguintes:

-Contribuír á educación da sensibilidade lingüística a través do coñecemento sobre a realidade máis próxima, do entendemento da complexidade das relacións sociedade-lingua, do cuestionamento dos prexuízos e do exercicio dun espírito crítico.

-Favorecer a adquisición de actitudes positivas cara á lingua amosando a reversibilidade da situación sociolingüística, combatendo a visión reduccionista e empobrecedora que tende a uniformar a realidade.

-Provocar cambios nos hábitos lingüísticos priorizando o desenvolvemento da expresión oral, conectando a lingua coa solidariedade, a ecoloxía, a igualdade dos sexos, a educación para a paz..., e transmitindo o valor da capacidade transformadora do individuo na sociedade.


O Concello de Santiago ofréceos nos institutos Xelmírez I, Xelmírez II, Sar e Pontepedriña. Todos os alumnos interesados teñen de prazo ata o día 28 deste mes para presentar a súa solicitude de inscrición, que lles facilitará o equipo de normalización lingüística do centro educativo.


Se desexa máis información pode atopala no sitio web do Concello de Santiago.