A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega presenta o vindeiro luns 26 de maio, ás 12 h., no salón de actos desta institución, O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II. Educación.
(Máis información)
Esta publicación enmárcase dentro da serie “O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), análise cualitativa das políticas lingüísticas autonómicas e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua.
Neste segundo volume realízase unha avaliación do proceso de normalización da lingua galega no sistema educativo –ensino infantil e primario- a través do estudio da situación da docencia do galego e en galego, das actuacións de planificación lingüística, do nivel de intensidade do proceso normalizador e das opinións que os propios axentes implicados no proceso teñen sobre a presencia e uso do idioma no contexto escolar.
A serie completarase coa edición doutros estudios sectoriais que se publicarán en breve.

