A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de editar tres novas publicacións que queren contribuír á difusión da investigación lingüística que se está a desenvolver nesta universidade.
(Máis información)
Lingua galega. Criterios lingüísticos é un manual para orientar a escrita do galego. O manual, elaborado pola propia Área de Normalización Lingüística, achéganos unha serie de recomendacións prácticas sobre o uso de maiúsculas e minúsculas, os signos de puntuación, o tratamento dos préstamos ou as marcas de xénero.
Investigación experimental en interpretación de linguas: primeiros pasos é un estudio colectivo, composto por sete traballos, que ten como obxectivo dar a coñecer as novas tendencias investigadoras que se están a desenvolver no eido da interpretación simultánea.
A terceira das publicacións editadas é o Pequeno refraneiro alemán-galego, elaborado por Mª Esmeralda Rodríguez León, que pretende servir de ferramenta de traballo para todas aquelas persoas que están a traballar no ámbito da traducción alemán-galego.

