A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo crea unha lista de correo denominada “Normalización Lingüística” (Norlin), que pretende ofrecerlle á comunidade universitaria unha canle de comunicación orientada á difusión e promoción do noso idioma.
(Máis información)
A lista conterá información sobre actividades de promoción da lingua promovidas desde a comunidade universitaria e actividades lingüísticas desenvolvidas concretamente pola Área de Normalización Lingüística, así como información variada sobre publicacións relacionadas coa lingua galega e actividades normalizadoras que acaden unha importante transcendencia social.
Para subscribirse debe enviar unha mensaxe ó enderezo electrónico listas@uvigo.es e escribir no corpo da mensaxe: subscribe norlin.
Máis información no web da Área de Normalización Lingüística da Universidade Vigo.

