“Os xogos forman parte da nosa actividade diaria desde sempre pero foron considerados como algo secundario” apuntou Carmen Costa, coordinadora da cita “Xogar coa cultura”que se desenvolveu ao longo do día de hoxe no Consello da Cultura Galega. A cita serviu para dar a coñecer experiencias prácticas que evidenciaron a súa potencialidade na educación, na divulgación científica, no desenvolvemento persoal e mesmo para mellorar a produtividade nas empresas. A xornada completouse cunha mesa redonda na que deron conta dalgúns videoxogos que se están a facer en Galicia neste momento.
05/03/2015
04/03/2015
Os xogos tamén son parte da cultura. Esta é a máxima que centra a xornada “Xogar coa cultura” que o Consello da Cultura Galega realizará mañá xoves na súa sede. Coordinada pola profesora da Universidade da Coruña Carmen Costa, a cita pretende poñer de manifesto a potencialidade dos xogos para a educación, a divulgación, o desenvolvemento persoal e cultural, entre outras facetas. O secretario Consello da Cultura Galega, Xosé López e a coordinadora da xornada serán os encargados de inaugurar un encontro que se pode seguir en directo a través da rede.
20/02/2015
Os xogos tamén son parte da cultura. Esta é a máxima que centra a xornada “Xogar coa cultura” que o Consello da Cultura Galega realizará o xoves 5 de marzo. Coordinada pola profesora da Universidade da Coruña Carmen Costa, a cita pretende poñer de manifesto a potencialidade dos xogos para a educación, a divulgación, o desenvolvemento persoal e cultural, entre outras facetas. Para asistir a esta xornada gratuíta, hai que inscribirse a través do web da institución e hai cen prazas.


