A mocidade e o seu uso das redes sociais suponen para o idioma galego unha oportunidade evidente con todo por facer, xa que a presenza do galego percíbese “escasa e insuficiente”. Así o reflicte o avance dun informe que está a elaborar Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo, que hoxe presentou un avance nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística. O informe parte dunha enquisa entre 1.295 estudantes de bacharelato, ciclos e universidade e foi encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A atención ao comportamento da mocidade galega nas redes sociais dominou a segunda e última xornada dos Encontros organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega e celebrados na Cidade da Cultura de Galicia coa asistencia de máis de cen investigadores e xestores lingüísticos.
09/03/2012
08/03/2012
A normalización do galego debe ser un reto para o conxunto da sociedade e non só para os poderes públicos. Así a ve o sociolingüista e académico Henrique Monteagudo, que hoxe abriu os XIV Encontros para Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cutlura Galega. No acto inaugural o presidente da instituciòn, Ramón Villares, apostou “pola vía do consenso para revertir unha situación que é reversible”. Pola súa parte, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, afirmou que a mocidade “é un dos ámbitos prioritarios para a dinamización da nosa lingua”. Nos Encontros, que mañá rematarán no auditorio da Bilbioteca de Galicia da Cidade da Cultura, participan máis de cen investigadores e xestores lingüísticos que reflexionan e debaten sobre as distintas vías de relación entre lingua galega e mocidade.
07/03/2012
Máis de cen investigadores e xestores lingüísticos, case o 75 por cento mulleres, participarán nos “XIV Encontros para a Normalización Lingüística” organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega. Coordinados por Henrique Monteagudo e Susana Mayo, os Encontros desenvolveranse os días 8 e 9 de marzo no auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e centraranse fundamentalmente na problemática relación entre a lingua galega e a mocidade. O acto inaguural terá lugar o xoves día 8 ás 10 horas presidido po Ramón Villares, presidente do CCG, ao que acompañarán Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Henrique Monteagudo, coordinador, e David Barro e Valentina Formoso en representación das Coordinadoras de Normalización da lingua.
06/03/2012
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a normalización lingüística, que permitirá ampliar e compartir na Rede os servizos e os recursos deseñados e implementados desde o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/). Destacan a Biblioteca para a Normalización Lingüística e a plataforma d-Lingua para a promoción do galego. Ramón Villares agradeceu a continuidade da colaboración iniciada pola Consellería en 2010 e Jesús Vázquez Abad afirmou que o acordo complementa outras liñas de cooperación como a dos XIV Encontros para a normalización lingüística que o Consello da Cultura celebrará os días 8 e 9 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia.
24/02/2012
Son 140 as persoas pre-inscritas para participar nos XIV Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. Coordinados por Henrique Monteagudo e Susana Mayo, os Encontros desenvolveranse os días 8 e 9 de marzo no auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e centraranse fundamentalmente na relación entre a lingua galega e a mocidade. O programa e os trámites para a matriculación poden consultarse en www.consellodacultura.org
21/10/2011
O Consello da Cultura coorganiza co Instituto da Lingua Galega o Simposio "Textos, palabras e voces"
O Consello da Cultura Galega (CCG) coorganiza xunto co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela o Simposio ILG-2011 "Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística". Os traballos desenvolveranse os días 26 e 27 de outubro e 3, 4, 10 e 11 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. A colaboración do CCG co ILG ven de vello e materialízase na edición e publicación das actas dos simposios. O deste ano coincide co 40 aniversario do ILG e está programado como un acto de compromiso coa innovación en materia de investigación lingüística. Aqui pode consultarse o detalle do programa e o formulario de inscrición
06/06/2011
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2011.- A necesidade inexcusable da presenza do idioma galego no mundo da ciencia e da técnica foi o fío conductor da xornada “Escribir de ciencia en galego”, celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega. Non se trata de competir coa lingua franca actual, o inglés, no campo das revistas especializadas, pero si de aproveitar as posibilidades das publicacións divulgativas e pedagóxicas. Organizado pola Secciòn de “Ciencia, natureza e sociedade”, que coordina Francisco Díaz-Fierros, o encontro serviu tamén para anunciar a próxima publicación do documento “”Pasado, presente e futuro da publicación científica en galego”.
06/06/2011
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2011.- O presente e o futuro do galego como lingua de expresión científica e os seus diferentes formatos de comunicación serán analizados na xornada "Escribir de ciencia en galego" o venres día 20 de maio no Consello da Cultura Galega. Organizada pola Sección de Ciencia, natureza e sociedade, que coordina Francisco Díaz-Fierros, a xornada contará pola mañá con relatorios de expertos en comunicación científica para debatir pola tarde o futuro da publicación científica en galego. O programa pode verse en: http://consellodacultura.org/files/2011/05/escribir_de_ciencia.pdf
29/04/2011
Os Servizos de Normalización Lingüística, aínda sen a coordinación debida, chegan ao sesenta por cento do poboación galega, pero sería necesario un novo impulso do papel dos concellos na promoción do idioma.
28/04/2011
Os XIII Encontros para Normalización Lingüística concluirán hoxe con atención especial ás iniciativas impulsadas desde os concellos e á situación do galego na Administración de Xustiza. Organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega
27/04/2011
Cento vinte porofesionais e investigadores participan nos XIII Encontros para Normalización Lingüística que comezan mañá día 28 ás 10 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.