noticia

Rexistros 2371 a 2396 de 2396
24/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA AFONDA NOS PIARES DO XORNALISMO CO ENCONTRO "A COMUNICACIÓN NO SEU TEMPO"

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG), celebrará a vindeira semana, os días 30 de xuño e 1 de xullo, o encontro "A Comunicación no seu tempo". As xornadas, que terán lugar en Santiago de Compostela, afondarán nos piares da historia da noso xornalismo coa participación dalgúns dos investigadores da comunicación e da cultura que máis traballaron nos últimos anos en España sobre a historia dos soportes comunicativos.
21/06/2005

AS XORNADAS "NATUREZA E CULTURA" ANALIZARÁN OS PERIGOS QUE AMEAZAN A BIODIVERSIDADE GALEGA

O Castelo de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña) acollerá os vindeiros 29 e 30 de xuño as Xornadas "Natureza e cultura. A conservación da biodiversidade galega". O encontro, organizado pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), reunirá a destacados profesionais para reflexionar sobre a biodiversidade, para propor medidas para garantir a súa conservación e restauración e para divulgar experiencias neste ámbito.
20/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA MAÑÁ AS XORNADAS "NATUREZA E CULTURA. A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este martes, 21 de xuño, as xornadas "NATUREZA E CULTURA. A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE GALEGA", que se celebrarán os días 29 e 30 de xuño no castelo de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña). Estas Xornadas pretenden reflexionar sobre o status actual da biodiversidade, propor medidas para garantir a súa conservación e restauración, así como divulgar experiencias neste ámbito. Para elo contarán con expertos na materia procedentes de destacadas institucións que traballan neste ámbito, como o Ministerio e a Consellería de Medio Ambiente e diversos centros e institutos de investigación.
17/06/2005

CARLOS H. PEZZI: "O RETO DA ARQUITECTURA É SUPERAR O DESFASE ENTRE OBRA CULTA E EDIFICACIÓN MASIVA"

As Xornadas A arquitectura desde Andalucía continúan hoxe no Consello da Cultura Galega cun achegamento á súa historia recente e aos creadores máis destacados das novas xeracións. O presidente do Consello Superior de Arquitectos de España, Carlos Hernández Pezzi, destacou na súa intervención que o reto do sector nos próximos anos estará en superar o "desfase entre as arquitecturas cultas e as edificacións masivas", en facer crible unha alternativa de calidade para as construcións masivas. Este reto, sinalou, é "un reto do sector privado máis que do público, da empresa e da sociedade civil máis que da Administración, e de el depende que os arquitectos aposten pola innovación".
15/06/2005

DESTACADOS ARQUITECTOS ANDALUCES COMPARTEN DESDE MAÑÁ TRES DÍAS DE DEBATE CON PROFESIONAIS GALEGOS

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará desde este xoves e ata o vindeiro sábado, días 16, 17 e 18 de xuño, as xornadas "A Arquitectura desde Andalucía", coas que se pretende ofrecer por primeira vez en Galicia unha ampla visión da arquitectura nesta Comunidade. Destacados arquitectos, críticos e investigadores andaluces compartirán con profesionais galegos tres días de debate e reflexión sobre as súas traxectorias profesionais e sobre os seus coñecementos e opinións arredor da arquitectura. A inauguración do encontro, a cargo de Alfonso Zulueta de Haz, presidente do CCG, e dos coordinadores das Xornadas, Víctor Pérez Escolano e Iago Seara, terá lugar ás 10:00 horas no salón de actos da institución.
14/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA O DOCUMENTO MÁIS ANTIGO ESCRITO EN GALICIA EN GALEGO

O coordinador da Sección de Lingua e secretario do Consello da Cultura Galega (CCG), Henrique Monteagudo, presentou esta mañá na sede da institución o documento máis antigo escrito en idioma galego en Galicia que se coñece ata o momento. Trátase do ‘Foro do bo burgo do Castro Caldelas’ (Ourense), dado polo rei Afonso IX en Allariz en abril de 1228 e que actualmente se conserva nos Arquivos dos Duques de Alba en Madrid. O documento é unha actualización escrita en galego do texto en latín do foro feito en 1172 polo rei Fernando II de León e a raíña dona Urraca.
13/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA E O INSTITUTO DA LINGUA GALEGA PRESENTAN O SIMPOSIO "A EMERXENCIA DO GALEGO ESCRITO"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará en rolda de prensa este martes, 14 de xuño, ás 12:00 horas, o simposio que o Instituto da Lingua Galega (ILG) celebra anualmente en colaboración co CCG e que nesta edición versará sobre "A emerxencia do galego escrito".
09/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA LEMBRA A FIGURA DE ANTONIO FERNÁNDEZ-CID A TRAVÉS DAS CANCIÓNS DEDICADAS A EL

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega (CCG) lembrará este xoves, 9 de xuño, a figura do grande crítico musical Antonio Fernández-Cid. Antonio Iglesias, musicólogo e académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pronunciará no salón de actos da institución unha conferencia baixo o título "As cancións galegas dedicadas a Antonio Fernández-Cid" na que fará un minucioso percorrido, ilustrado con fragmentos musicais, da pegada desta figura en cancións e letras de numerosos músicos.
08/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA LEMBRA ESTE XOVES A FIGURA DO GRANDE CRÍTICO MUSICAL ANTONIO FERNÁNDEZ-CID

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega (CCG) lembrará este xoves, 9 de xuño, a figura do grande crítico musical Antonio Fernández-Cid. Antonio Iglesias, musicólogo e académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, pronunciará no salón de actos da institución unha conferencia baixo o título "As cancións galegas dedicadas a Antonio Fernández-Cid" na que fará un minucioso percorrido, ilustrado con fragmentos musicais, da pegada desta figura en cancións e letras de numerosos músicos.
08/06/2005

A TERMINOLOXÍA DAS LINGUAS MINORITARIAS, A ANÁLISE NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A presidenta da Asociación Española de Terminoloxía, M.ª Teresa Cabré Castellví, pronunciará este mércores, día 8, ás 18:30, unha conferencia na sede do Consello da Cultura Galega (CCG) baixo o título "Xestión terminolóxica das linguas minorizadas: presentación xeral e algúns apuntamentos sobre o galego". O acto, no que colabora a Sección de Lingua do CCG, está organizado pola Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) para presentar as súas actividade para este ano, a súa páxina web e diverso material informativo.
07/06/2005

CATORCE DOS MELLORES ARQUITECTOS ANDALUCES EXPORÁN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA A SÚA OBRA

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) continúa o seu proxecto de achegamento á mellor arquitectura peninsular coa celebración o vindeiro 16, 17 e 18 de xuño das xornadas "A arquitectura desde Andalucía". Destacados arquitectos, críticos e investigadores andaluces compartirán con profesionais galegos tres días de debate e reflexión sobre as súas traxectorias profesionais e sobre os seus coñecementos e opinións arredor da arquitectura.
07/06/2005

A SOCIEDADE GALEGA DE TERMINOLOXÍA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES CUNHA CONFERENCIA DE Mª TERESA CABRÉ

A presidenta da Asociación Española de Terminoloxía, M.ª Teresa Cabré Castellví, pronunciará este mércores, día 8, ás 18:30, unha conferencia na sede do Consello da Cultura Galega (CCG) baixo o título "Xestión terminolóxica das linguas minorizadas: presentación xeral e algúns apuntamentos sobre o galego". O acto, no que colabora a Sección de Lingua do CCG, está organizado pola Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) para presentar as súas actividade para este ano, a súa páxina web e diverso material informativo.
06/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE MARTES AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE ANDALUCÍA"

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este martes, día 7, ás 12:00 horas, as xornadas "A Arquitectura desde Andalucía". Este encontro, que se celebrará o 16, 17 e 18 de xuño, pretende ofrecer por primeira vez en Galicia unha ampla visión da arquitectura andaluza. Con este obxectivo, destacados arquitectos, críticos e investigadores andaluces compartirán con profesionais galegos tres días de debate e reflexión sobre as súas traxectorias profesionais e sobre os seus coñecementos e opinións arredor da arquitectura.
03/06/2005

UN DISCO RECUPERA A OBRA DE MANUEL DOPAZO, O MÁIS GRANDE GAITEIRO DA EMIGRACIÓN GALEGA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este venres a presentación do CD "Crónicas porteñas" do gaiteiro Manuel Dopazo, considerado o máis grande gaiteiro da emigración. A obra está editada pola discográfica "Ouvirmos" e conta co patrocinio do Arquivo Sonoro de Galicia do CCG.
02/06/2005

O PAPEL DA EMIGRACIÓN NO PASADO E NA ACTUALIDADE, TEMA DE DEBATE NA EDICIÓN DESTE ANO DAS XORNADAS MAR POR MEDIO

O Concello lucense de Ribadeo e o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega celebrarán do 19 ao 22 de xullo a XIII edición das xornadas "Mar por medio" baixo o título "A parroquia de acolá". O encontro contará coa participación de destacados investigadores que abordarán a historia da emigración galega e o papel que xoga hoxe e pode xogar no futuro do noso país.
02/06/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA UN CD DE MANUEL DOPAZO, CONSIDERANDO O MÁIS GRANDE GAITEIRO DA EMIGRACIÓN

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este venres, 3 de xuño, ás 12´30 horas, a presentación do CD "Crónicas porteñas", que reúne unha parte do legado musical de Manuel Dopazo (1882-1952), considerado por moitos como o máis grande gaiteiro da emigración.
01/06/2005

AS VI XORNADAS INTERNACIONAIS DE CARNOTA ANALIZARÁN A FÓRMULA DE FUTURO DA CULTURA TRADICIONAL

O Concello de Carnota celebrará as VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional o próximo 24, 25 e 26 de xuño baixo o lema "A fórmula do futuro: G=(I+D)2", é dicir, Galicia= (Identidade+Diversidade) x (Innovación+Desenvolvemento). O encontro contará con tres días de concertos, conferencias, coloquios e exposicións na que participarán destacados persoeiros da cultura galega, como Xosé Luís Barreiro, Margarita Ledo, Miguelanxo Prado e Nani García.
31/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA ACOLLE ESTE MÉRCORES A PRESENTACIÓN DAS VI XORNADAS INTERNACIONAIS DE CULTURA TRADICIONAL DE CARNOTA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este mércores, día 1 de xuño, ás 13´00 horas, a rolda de prensa de presentación das VI Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional Carnota 2005.
30/05/2005

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN GRATUÍTA NAS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE ANDALUCÍA"

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará os vindeiros 16, 17 e 18 de xuño as xornadas "A Arquitectura desde Andalucía", coas que se pretende ofrecer por primeira vez en Galicia unha ampla visión da arquitectura nesta Comunidade. Destacados arquitectos, críticos e investigadores andaluces compartirán con profesionais galegos tres días de debate e reflexión sobre as súas traxectorias profesionais e sobre os seus coñecementos e opinións arredor da arquitectura. Os interesados en inscribirse gratuitamente neste encontro poden facelo a través da web da institución, en http://www.consellodacultura.org
27/05/2005

A CANDIDATURA GALEGO-PORTUGUESA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE ENTRA NA RECTA FINAL CUNHA GRANDE FESTA DA TRADICIÓN ORAL

A vila portuguesa de Melgaço acollerá os vindeiros días 3, 4 e 5 de xuño un gran encontro popular baixo o lema "Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro". Durante unha fin de semana, os promotores da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués a Patrimonio da Humanidade pola Unesco darán a coñecer e promocionarán a súa proposta cun macroprograma de actividades de música tradicional, gastronomía, artes e oficios, teatro, etc que implicará a máis de trescentas persoas e músicos arraigados na tradición oral galega e portuguesa.
26/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA OS ACTOS DE PROMOCIÓN DA CANDIDATURA DA TRADICIÓN ORAL GALEGO-PORTUGUESA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá este venres, 27 de maio, ás 12´30 horas, a presentación de diversos actos de promoción da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portuguesa a Obra Mestra da Humanidade pola Unesco. O programa de actos promocionais e divulgativos desenvolverase os días 3, 4 e 5 de xuño na vila portuguesa de Melgaço baixo o epígrafe “Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro” e incluirá exposicións, proxeccións, debates, música tradicional, demostracións de artes e oficios e xogos populares, entre outras actividades.
25/05/2005

ESCRITORES E XORNALISTAS CONVERSARÁN NO CONSELLO DA CULTURA SOBRE A CRÍTICA LITERARIA

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará este xoves, día 26 de maio, a súa tertulia mensual arredor do tema da crítica literaria nos medios de comunicación. Para abordar esta cuestión, ademais de membros da sección organizadora, participarán escritores e xornalistas con experiencia no ámbito da crítica literaria, que aportarán a súa experiencia sobre a práctica deste xénero e sobre a súa presenza nos medios de comunicación e en Internet.
16/05/2005

O CCG CONMEMORA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS COA RECUPERACIÓN DA OBRA DE LORENZO VARELA EN AMÉRICA

O Consello da Cultura Galega (CCG) súmase aos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas 2005 coa publicación do libro "Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires". A obra, editada pola Sección de Comunicación do CCG, recupera e analiza os artigos que Lorenzo Varela publicou en sete relevantes revistas literarias durante o seu exilio en México e Arxentina: Taller, Romance, Letras de México, De Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata e Sur.
13/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA ESTE LUNS UN LIBRO SOBRE A OBRA DE LORENZO VARELA NO EXILIO EN AMÉRICA

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) presentará este luns, día 16 de maio, o libro "Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires". Coa publicación desta obra, a institución quere homenaxear ao escritor e xornalista galego ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
13/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA HOMENAXEARÁ ESTE VENRES AO MÚSICO MANUEL QUIROGA

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega celebrará este venres, día 13 de maio, diversos actos de homenaxe e recuperación da obra do violinista pontevedrés Manuel Quiroga (1892-1961). O doutor Enrique Jiménez Gómez pronunciará unha conferencia sobre o músico ao que lle seguirá un concerto a cargo do profesor Agustín León Ara (violín) e Alfredo Oyáguez (piano) baixo o título "Manuel Quiroga, tras dos sendeiros de Sarasate".
12/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA HOMENAXEARÁ ESTE VENRES AO MÚSICO MANUEL QUIROGA

A Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega celebrará este venres, día 13 de maio, diversos actos de homenaxe e recuperación da obra do violinista pontevedrés Manuel Quiroga (1892-1961). O doutor Enrique Jiménez Gómez pronunciará unha conferencia sobre o músico ao que lle seguirá un concerto a cargo do profesor Agustín León Ara (violín) e Alfredo Oyáguez (piano) baixo o título "Manuel Quiroga, tras dos sendeiros de Sarasate".
11/05/2005

O PROFESOR CARLOS ZUBILLAGA REIVINDICA E DOCUMENTA NO SEU LIBRO "CASTELAO Y URUGUAY" A IMPORTANCIA DAS RELACIÓNS DO GALEGUISTA COA COLECTIVIDADE URUGUAIA

Alfonso R. Castelao mantivo unha relación prolongada no tempo coa sociedade uruguaia, a través de amizades, de contactos co colectivo emigrante ou dos derivados da circulación da súa obra plástica e literaria. Esas relacións explicarían, en parte, a fundación do "Consello de Galiza", o 15 de novembro de 1944, no sobrado da Casa de Galicia en Montevideo. O profesor Carlos Zubillaga documenta estas e outras afirmacións no seu libro "Castelao y Uruguay. Etapas de una relación entrañable", que hoxe foi presentado no Consello da Cultura Galega (CCG).
10/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA SINALA QUE O FUTURO DO GALEGO PASA POR VALORAR A RIQUEZA DA LINGUA ORAL

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) presentaron esta mañá unha nova publicación especializada baixo o título "Norma lingüística e variación". A obra, segundo explicou o seu coeditor e coordinador da Sección de Lingua do CCG, Henrique Monteagudo, chama a atención sobre a necesidade de coidar a variedade lingüista do galego, xa que, advirte, "a chave da normalidade dunha lingua e sobre todo do seu futuro non está na escrita senón na lingua oral, no uso que os falantes fagan dela na súa vida cotiá".
09/05/2005

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MARTES, DÍA 10, O LIBRO "NORMA LINGÜÍSTICA E VARIACIÓN"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá martes, día 10 de maio, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, o libro "Norma lingüística e variación", que reúne os traballos dados a coñecer no simposio "Variación e prescrición" organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) en 2003.
09/05/2005

O CCG E A CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN RECUPERAN FONDOS DAS 115 PRINCIPAIS SOCIEDADES DE EMIGRANTES EN AMÉRICA

O Arquivo da Emigación Galega (AEG), do Consello da Cultura Galega, presentou esta mañá os resultados do proxecto de catalogación e copia da documentación existente nas principais sociedades de emigrantes galegos en América, realizado en colaboración coa Consellería de Emigración da Xunta. En total, acadaron dixitalizar os fondos de 115 sociedades, a maior parte delas arxentinas e cubanas, cun total de máis de 120.000 páxinas copiadas que agora pasan a engrosar os seus fondos. Ademais, as dúas institucións anunciaron a próxima publicación dun diccionario da emigración galega en Cuba, coas biografías de preto de 1.800 personalidades e información sobre 484 asociacións.