Declaración "Un seminario para saber de nós"

O 12 de outubro de 2023 celebrouse a andaina coa que se conmemorou a fundación, cen anos atrás, do Seminario de Estudos Galegos na casa de Ortoño que fora residencia de Rosalía de Castro. Ao final do acto leuse, no campo da festa da parroquia, a declaración coa que as entidades organizadoras e participantes no centenario do Seminario de Estudos Galegos sintetizan o papel histórico e simbólico da entidade na construción da Galicia moderna. Pode consultar a declaración completa aquí.
Declaración

Consulta e descarga a declaración



"O exemplo do Seminario de Estudos Galegos continúa a inspirar unha Galicia nova, con arelas de coñecerse mellor, de autogobernarse e de progresar. Lembramos hoxe ese soño, que agromou aquí en Ortoño, a carón da casa familiar de Rosalía de Castro, nas beiras do río Sar, coa arela do mar infindo"





Warning: mysql_free_result(): 18 is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/paxina-area.php on line 298