Os países de Lingua Portuguesa

Estreitar as ligazóns que conectan Galicia coas redes e culturas de lingua portuguesa no mundo
Os países de Lingua Portuguesa

O Consello da Cultura Galega é, desde novembro de 2016, observador consultivo da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), o principal organismo que reúne os estados que incorporan o portugués como lingua oficial. Entre as funcións derivadas da súa participador como observador, están as de promover e difundir o idioma común dos países integrantes da CPLP e a súa diversidade cultural.

Dentro das actividades programadas polo CCG no marco da Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa dos Observadores Consultivos da CPLP, da que o CCG forma parte, destaca o congreso “Patrimonio e Fronteira” (8 e 9 de novembro de 2018), no que o obxectivo foi debater acerca dos conceptos de fronteira e patrimonio e como estes se mesturan nos espazos raianos, traspasándoos e constituíndo un espazo de intercambio, de creación de identidade e de novas realidades patrimoniais. Nesta dirección celebrouse un seminario Repensar Iberia organizado conxuntamente coa Fundação da Casa de Mateus en Vila Real entre o 12 e o 14 de outubro de 2018 que estivo centrado en varios bloques de debate, pero cun nexo común: pensar ou “repensar” Iberia no seu conxunto e como parte esencial da Europa occidental e do espazo atlántico.

No marco destas relacións cos países de lingua portuguesa cómpre ampliar e estreitar as boas relacións con Brasil: ademais das redes da emigración e académicas, e a proporcionada pola colaboración co Instituto Cervantes, estanse a explorar mellores contactos con redes culturais específicas.

Ademais, en Portugal déronse importantes pasos grazas ao Instituto Camões, con que se desenvolven regularmente actividades conxuntas, xunto co pulo da colaboración coas universidades do Minho ou a de Lisboa.


Foto: Xuntanza Lusofonía (París, 2017)


Warning: mysql_free_result(): 18 is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/paxina-area.php on line 298