
O ámbito europeo é o espazo inmediato en Galicia e un elemento central das súas relacións políticas, administrativas, culturais e económicas. As accións do Consello da Cultura Galega pasan pola visibilización da cultura galega en espazos de referencia en diferentes capitais e cidades europeas, coa organización de eventos, conferencias ou exposicións ao redor da cultura do país.
O Consello da Cultura Galega aproveita a conexión única dos Camiños de Santiago como principal elemento de referencia actual da identidade galega, e como punto de partida para visibilizar outros ámbitos da cultura galega actual.
A institución tamén presta unha especial atención a afondar nas relacións entre Galicia e outras nacións sen estado, con similares circunstancias culturais e linguísticas. No pasado establecéronse relacións culturais no arco atlántico: Bretaña, Irlanda. No horizonte temos Frisia, Sardeña, Galitzia…
Ciclo de conferencias na London School of Economics (2009/2010)