
Como institución estatutaria, o Consello da Cultura Galega aposta por facer visible a relevancia da cultura no corazón da autonomía de Galicia, como un dos principais signos de identidade de Galicia no mundo. A interlocución, dentro do marco competencial da autonomía e do Estado, con outras entidades e institucións permite desenvolver accións a longo prazo e con impacto nas políticas dos poderes públicos.
Os acordos con universidades e centros de difusión exterior como os Institutos Cervantes, Camões, Etxepare e Ramón Llull permiten desenvolver actuacións conxuntas e aproveitar amplas redes. O CCG mantén relacións en Bruxelas con institucións de relevancia vinculadas á Unión Europea.
Entidades parceiras na Acción Exterior do Consello da Cultura Galega
Institutos de acción cultural no exterior
Institucións
Outras entidades