Eventos de novembro e decembro de 2023
CONFERENCIA
3/11/2023Conferencia de Iria-Friné Rivera Vázquez: "O ollo atento. O espírito internacional do Seminario de Estudos Galegos"
Conferencia da historiadora da arte e investigadora da USC Iria-Friné Rivera Vázquez sobre o espírito internacional do Seminario de Estudos Galegos. O acto decorrerá na biblioteca do PALCO - Punto de Atención á Lectura do Corgo, o venres 3 de Novembro, a partir das 19:00h.
"Na Europa dos anos 20 e 30 a cultura experimentou un impulso dinámico, acentuado pola presenza de novas tecnoloxías, perspectivas e personalidades. O Seminario de Estudos Galegos estivo inmerso dende o seu nacemento en 1923 a todo o novo, incluído o nacemento do século XX a partir da Primeira Guerra Mundial. Dende a súa concepción ata os seus integrantes -que inclúen entre outros a Camilo Díaz Baliño, Vicente Risco, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Florentino López Cuevillas ou Lois Tobío- atópase en constante sinerxía coas transformacións que se estaban a suceder en Irlanda, Francia, Alemaña, os países do norte ou Rusia.
Esta conferencia rende homenaxe á enerxía, á constancia, ao carácter tenaz e á visión a longo prazo do Seminario de Estudos Galegos. Da procura en contribuír dende o coñecemento e o xenio galego en pro da riqueza e do progreso de toda a sociedade, perfectamente coherente cos novos tempos, non só do presente, senón do futuro. Das viaxes internacionais ao uso do cinema, da conciencia histórica das liberdades e dereitos cívicos á conformación dun legado lexislativo, administrativo, económico e social. Todos estes puntos conforman a rede de traballo que, ano a ano, foi sendo tecida por moi distintas persoas de diferentes idades, formacións e carácteres. E que, en conxunto, acadou a excelencia ata tal punto que no día de hoxe continúan a ser non só referente senón alicerce sobre o cal érguese a actualidade galega en comuñón co mundo".
Lugar: biblioteca do PALCO - Punto de Atención á Lectura do Corgo ás 19 h.
Localidade: O Corgo
Organiza: Concello do Corgo
Máis info:Web / Correo / 676862924
CONFERENCIA
9/11/2023O Seminario de Estudos Galegos e Sara Leirós
Sara Leirós Fernández (As Neves, 1897) foi unha das contadas mulleres que figuraron como socias activas do SEG. O IES Pazo da Mercé d'As Neves evoca a figura desta pedagoga, estudosa da figura do P. Feijoo, a través da semblanza que realizará Clodio González Pérez, patrón do Museo do Pobo Galego.
Lugar: Salón de actos do IES Pazo da Mercé (As Neves)
Localidade: Tortoreos (As Neves)
Organiza: Museo do Pobo Galego. IES Pazo da Mercé. Concello de As Neves
Máis info:Web / Correo / 981583620
CONFERENCIA
10/11/2023O astrónomo Aller e a xeira do SEG na Terra de Deza
Xornada en lembranza de Ramón María Aller Ulloa, membro do SEG, que acolleu no seu observatorio de Lalín os compoñentes do equipo que traballou na xeira da Terra de Deza. Conferencia de Cecilia Doporto, conservadora do Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, seguida por unha visita ao observatorio astronómico, dirixida polo prof. José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio da USC.
Lugar: Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa. 20 horas
Localidade: Lalín
Organiza: Museo do Pobo Galego. Concello de Lalín. Museo municipal Ramón María Aller Ulloa
Máis info:Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
Eventos anteriores (xaneiro-outubro de 2023)
REDES SOCIAIS
01/01/2023-31/01/2023Publicación da peza do mes do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense conserva seis volumes dos arquivos do Seminario de Estudos Galegos proveniente dos fondos da Comisión de Monumentos. O Museo pretende exhibir como pezas destacadas os volumes, a través da divulgación na web e redes sociais.
Lugar: Facebook do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Organiza: Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Máis info: Web / Telf: 988788442 / Correo electrónico
CONFERENCIA
23/03/2023Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Para celebrar o Día da Muller e asemade o centenario do SEG, xoves 23 de marzo ás 19 horas Aurora Marco falará sobre a participación feminina no Seminario de Estudos Galegos.
Lugar: Auditorio do Museo do Pobo Galego
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Museo do Pobo Galego
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
HOMENAXE
24/03/2023Homenaxe a tres poetas e un artista do SEG
Con motivo do Dia Internacional da Poesía pola mañán, ás 12:00 h., visita ó Museo de Pontevedra, con especial explicación da Sala Castelao. Pola tarde, a partires das 18:00 h., disertación sobre o Seminario por Manuel Torres Aboal e recital poético en honor a Xosé Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey e Luis Bouza Brey "Lucho".
Lugar: Museo de Pontevedra
Localidade: Pontevedra
Organiza: Museo de Pontevedra
Máis info:Web / Correo electrónico
CONFERENCIA
28/03/2023O impacto cultural do Seminario de Estudos Galegos na Galicia do século XX
O historiador e escritor Francisco Calo Lourido, patrón do Museo do Pobo Galego, falará do papel e da pegada cultural do labor do SEG nos seus breves trece anos de existencia.
Lugar: Salón de actos do Cárcere Vello
Localidade: Lugo
Organiza: Museo do Pobo Galego e Club Valle-Inclán
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
CONFERENCIA
30/03/2023O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza-Brey
Presentación e lectura en torno ao Centenario do SEG e a figura e obra de Fermín Bouza-Brey. Participan: Clodio González Pérez e alumnado do IES "Pedra da Auga". Coordinan: Departamentos e Lengua Castellana e Lingua Galega.
Lugar: Auditorio Reveriano Soutullo
Localidade: Ponteareas
Organiza: Museo do Pobo Galego e IES Pedra da Auga. Colabora: Concello de Ponteareas
Máis info: Web / Telf: 698189156 / secretaria@museodopobo.gal
HOMENAXE
04/04/2023Homenaxe a Ramón Martínez López no 116º aniversario do seu nacemento
19.00 acto institucional no Concello de Boiro
19.30 conferencia de Amancio Liñares Giraut
20.00 paseo teatralizado cos Quinquilláns polo roteiro da memoria de Cimadevila
20.30 descuberta de placa no lugar onde naceu Ramón Martínez López
Lugar: Salón de plenos do Concello de Boiro
Localidade: Boiro
Organiza: Concello de Boiro. Concellería de Normalización lingüística e Memoria histórica. Museo do Pobo Galego
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
VISITA GUIADA
16/05/2023Roteiro Isidro Parga e Luís Iglesias: o Seminario de Estudos Galegos no Museo de Historia Natural
Percorrido pola obra de Isidro Parga Pondal e Luís Iglesias Iglesias vencellada coa Sección de Ciencias do Seminario de Estudos Galegos, dentro das salas do Museo de Historia Natural da USC.
Lugar: Museo de Historia Natural da USC
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Museo de Historia Natural da USC
Máis info: Web / Telf: 881816350/881816349 / Correo
CONFERENCIA
16/05/2023Xulián Magariños e o Seminario de Estudos Galegos
Conferencia e coloquio sobre Xulián Magariños e o SEG a cargo de Amancio Liñares.
Lugar: Salón de Actos do IES Xulián Magariños. 10.15 h.
Localidade: Negreira
Organiza: IES Xulián Magariños
Máis info: Telf: 636553198 / Correo
CONFERENCIA
18/05/2023Francisco Fernández del Riego, un mozo galeguista na II República
Conferencia e coloquio "Francisco Fernández del Riego, un mozo galeguista na II República" a cargo de X. Amancio Liñares Giraut.
Lugar: Salón de Actos do IES Campo de San Alberto. 10.15 h.
Localidade: Noia
Organiza: IES Campo de San Alberto
Máis info: Telf: 636553198 / Correo
CONFERENCIA
25/04/2023Seminario de Estudos Galegos e Museo do Pobo Galego. Pura Lorenzana e Xan de Forcados
Xan de Forcados foi un patrocinador do Seminario de Estudos Galegos. Financiou o estudo "Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá", publicado no t. V da revista Arquivos, no que participou, con Cuevillas e Fraguas, María Pura Lorenzana, unha das mulleres do SEG. Xosé Ramón Fandiño impartirá a conferencia.
Lugar: Círculo Saviñao.
Localidade: Escairón (O Saviñao)
Organiza: Museo do Pobo Galego. Concello do Saviñao. Círculo Saviñao
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
ROTEIROS
19/05/2023-26/05/2023Xeiras con historia
A partir do ano 1926 os membros do Seminario de Estudos Galegos crearon un novidoso e xenuíno sistema de investigación, que denominaron “Xeiras”. O procedemento era o seguinte: as diferentes seccións acordaban unha comarca e todos os membros dispoñibles desprazábanse alí, arredor dunha semana, para traballar directamente sobre o terreo ao mesmo tempo; o obxectivo era aplicar un enfoque integral con unha perspectiva multi e interdisciplinar. Así visitaban xacementos arqueolóxicos, igrexas, pazos, romarías, realizaban análises xeolóxicas, etc. O resultado destes estudos sería editado nun volume. No momento do golpe de estado, o 18 de xullo do 1936, estaba en prensa a publicación sobre a Terra do Deza que non chegou a ver a luz. Parte do material foi usado na Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo, e editada en Buenos Aires no ano 1962.
As palabras de Filgueira plasmadas no limiar de Terra de Melide describen as características desta actividade : “Iniciáronse no ano 1926. Foron dispostas, como estudos de conxunto, dende os máis variados aspectos, pro, tamén, como ocasión de xuntoiros ‘interáreas’ que levasen azos non soio ao coñecemento da terra, senón á amistosa comunicación entre os membros do centro, estreitando un íntimo e fami¬liar intercambio de ideias, de xeito que uns tomasen interés nas anguei¬ras dos outros, quebrando, humanisticamente, as sebes da especialidade. Deste xeito, a Prehistoria non sería algo lonxano pra os que catalogaban vexetaes ou aves; o paleógrafo podería parolar, sobre o terreo, co xeógrafo; o arquitecto tiña algo que aprender dos historiadores, e todos, dos artistas e dos poetas”
Accións previas ás Xeiras
O alumnado poderá traballar na súa comarca seguindo un cuestionario sobre historia e etnografía para preguntaren as persoas maiores do seu entorno, elaborando una material audiovisual cuxos resultados se presentarán na xornada práctica. Durante o proceso de elaboración, o alumnado de ambas comarcas estarán en contacto.
Xeiras
Serán dúas (en dous venres do mes de xuño).
1ª xeira.
O alumnado de Ribadavia desprazarase a Allariz.
-Acollida polo alumnado de Allariz e exposición dos seus traballos.
- Visita e xantar na Fundación Vicente Risco. Pequena charla sobre o significado do Seminario de Estudos galegos e o papel de Vicente Risco na mesma
-Visita ao xacemento de Armea. O seu director, Adolfo Fernández, explicará o desenvolvemento das escavacións e os resultados.
2ª xeira.
O alumnado de Allariz desprázase a Ribadavia
-Acollida polo alumnado de Ribadavia. Exposición dos seus traballos.
- Visita e xantar na Casa Grande de Otero Pedrayo en Trasalba. Pequena charla sobre o significado do Seminario de Estudos galegos e o papel de Otero Pedrayo
-Visita ao xacemento de san Cibrán de Lás, o director do Museo Arqueolóxico, Xulio Rodríguez (por confirmar), explicará o desenvolvemento das escavacións por Cuevillas e os resultados.
Lugar: IES Allariz, sede Fundación Vicente Risco; IES O Ribeiro (Ribadavia) e Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.
Localidade: Allariz, Ribadavia e Amoeiro
Organiza: Universidade de Vigo
Máis info: Web / Telf: 692119050 / Correo electrónico
ACTIVIDADE ESCOLAR
01/06/2023Investigando na contorna. Castelao, Fraguas e Florentina García
Os tres CEIP de Cerdedo participan nunha investigación da tradición local en torno á tumba de Florentina García, a moza que inspirou a Castelao e a Antonio Fraguas.
Lugar: Adro da igrexa parroquial de Santiago de Loureiro. 11.30 horas
Localidade: Santiago de Loureiro, Cotobade (Cerdedo-Cotobade)
Organiza:Museo do Pobo Galego. Concello de Cerdedo-Cotobade. Fundación Antonio Fraguas
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
XORNADA
09/06/2023Os arquivos do Seminario de Estudos Galegos: herdanza documental e memoria de Galicia
Xornada para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos titulada: "Os arquivos do Seminario de Estudos Galegos: herdanza documental e memoria de Galicia".Intervirán como relatores representantes das principais institucións e fundacións que custodian arquivos persoais dos membros do SEG xunto ao que conformou o propio Seminario derivado da súa actividade: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Museo de Pontevedra, Fundación Penzol, Fundación Vicente Risco e Fundación Otero Pedrayo.
Lugar: Sala de conferencias do Arquivo Histórico Universitario de Santiago
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela
Máis info:Web / Correo /881812884
XEIRA
10/06/2023A Terra de Melide
Xornada de mañá percorrendo os escenarios e os espazos investigados polos membros do Seminario de Estudos Galegos na vila e Terra de Melide en 1929. O desprazamento realizarase a pe e en autobús. O itinerario estará conducido polo equipo do Museo da Terra de Melide. En breve máis información.
Lugar: Melide
Localidade: Melide
Organiza: Consello da Cultura Galega e Museo da Terra de Melide
Máis info: Correo /981 50 79 98
XORNADA
17/06/2023O baiés Francisco Romero Lema e o Seminario de Estudos Galegos
Xornada en torno a Francisco Romero Lema, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, e a familia Romero Lema de Baio. A xornada comezará ás 10h30 cunha conferencia de Xosé M. Rei Lema, "Vida e obra de Ramón Francisco Romero Lema. A fundación do SEG segundo a súa versión", seguida por unha mesa redonda sobre a familia Romero Lema de Baio, coa participación de Xosé Luís Axeitos, Braulio Pérez Astray e Xosé M. Lema Suárez, moderada por Jorge Mira. Pola tarde realizarase unha ruta literario-artística pola parroquia de Baio.
Lugar: Auditorio de Baio
Localidade: Baio (Zas)
Organiza: Museo do Pobo Galego. Concello de Zas. Comisión E. Labarta Pose para as Letras Galegas
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
EXPOSICIÓN
27/06/2023-7/01/2024Exposición Luz na Terra. A obra do Seminario de estudos Galegos (1923-1936)
A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, está a organizar o proxecto expositivo Luz na Terra. A obra do Seminario de estudos Galegos (1923-1936), comisariada por Ramón Villares.
A mostra está concibida como celebración do centenario da fundación do SEG pero tamén como unha posta en valor dunha obra colectiva que tratou de actuar de acordo coas esixencias do seu tempo para lograr a modernización da cultura galega e a súa proxección exterior. O comisario é Ramón Villares. A mostra compleméntase coa edición dun libro-catálogo.
Lugar: Museo Centro Gaiás – Cidade da Cultura de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)
Máis info:Web
FALADOIRO
28/06/2023O espírito do Seminario en Compostela
Conversa entre Xosé Ramón Fandiño, Xosé Manuel González Reboredo, Encarna Otero e Uxío-Breogán Diéguez arredor do momento histórico, as actividades e as persoas que protagonizaron a presenza do Seminario en Compostela, de maneira singular os naturais da cidade: Alberto Vidán Freiría, un dos fundadores, Joaquín Arias Sanjurjo, Xesús Carro García, Antonio e Xosefa Iglesias Vilarelle e Paulino Pedret Casado.
Lugar: Museo do Pobo Galego. Aula multiúsos. 19 horas.
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Museo do Pobo Galego
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
VISITAS
2/09/2023-9/09/2023Xeiras polo Deza: Castros e igrexas
Visitas aos lugares arqueolóxicos máis representativos da comarca do Deza, inspiradas nos itinerarios dos seminaristas durante as distintas campañas de estudo na comarca
Lugar: Exteriores da comarca do Deza
Localidade: Comarca do Deza
Organiza: Museo de Pontevedra
Máis info:Web / Correo electrónico
PRESENTACIÓN
15/09/2023Edición facsímile do "Romance de unha fatal ocasión".
Presentación da edición facsímile do "Romance de unha fatal ocasión", poema adicado polos membros do Seminario a Castelao en 1935 dende a derradeira xeira de Deza.
Lugar: Museo de Pontevedra
Localidade: Pontevedra
Organiza: Museo de Pontevedra
Máis info:Web / Correo electrónico
EXPOSICIÓN
15/09/2023-15/01/2024Mostra bibliográfica sobre a conmemoración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos na Biblioteca de Galicia
A Xunta de Galicia, a través da Biblioteca de Galicia, programa unha mostra bibliográfica sobre a conmemoración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos, entidade de esencial importancia na historia da ciencia e da cultura galegas con fondos e coleccións propias. Estará comisariada por persoal da Biblioteca de Galicia.
Lugar: Biblioteca de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)
Máis info:Web / Correo electrónico
CONFERENCIA
16/09/2023Xulián Magariños e o Seminario de Estudos Galegos
O Concello de Negreira e o Museo do Pobo Galego evocan a figura de Xulián Magariños, un dos fundadores do SEG. Xulián Manuel Magariños Negreira estudou Dereito na USC, exerceu a avogacía na súa Negreira natal e faleceu en 1934, con 29 anos. Amancio Liñares pronunciará unha conferencia sobre este intelectual malogrado.
Lugar: Casa da Cultura
Localidade: Negreira
Organiza: Concello de Negreira e Museo do Pobo Galego
Máis info:Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
MESA REDONDA
21/09/2023Ramón Martínez López e o Seminario de Estudos Galegos
Segunda homenaxe a Ramón Martínez López, o máis novo dos fundadores do SEG, na súa vila natal. Mesa redonda coa participación de Xosé Amancio Liñares, Aurora Marco e Jesús Laíño. Modera Mercedes Rozas.
Lugar: Casa da Cultura Ramón Martínez López. 19,30 horas
Localidade: Boiro
Organiza: Museo do Pobo Galego. Concello de Boiro, concellería de Cultura. Colabora A. C. Barbantia
Máis info:Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
PUBLICACIÓN
09/2023Reedición do libro Testemuñas e perspectivas
Reedición do libro Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, de Edicións do Castro. Unha publicación de 1977 que recolle a perspectiva sobre o SEG de distintos persoeiros relevantes da cultura galega.
Organiza: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Máis info:Web / Correo /881-996301
ESPECIAL WEB
3/10/2023Proxector: Seminario de Estudos Galegos
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega e o Servizo de Normalización Lingüística da USC publicarán un especial de Proxector, o repositorio de audiovisuais galegos para a educación, no seu web. O especial albergará documentais sobre figuras destacadas, contidos e a historia do SEG xa publicadas na rede.
Lugar: Web do CDSG
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia / Consello da Cultura Galega e Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
Máis info:Web
MESA REDONDA
3/10/2023O Seminario de Estudos Galegos en Lugo
Coloquio sobre a presenza do Seminario de Estudos Galegos en Lugo, con figuras como Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas Fraguas, Ricardo Carvalho Calero. A mesa redonda contará coa participación de Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela; moderador Felipe Arías Vilas.
Lugar: Salón de Actos de Deputación de Lugo
Localidade: Lugo
Organiza: Museo do Pobo Galego e Asociación Lugo Patrimonio
Máis info:Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
CONGRESO
10-11/10/2023Congreso "Cen anos do Seminario de Estudos Galegos"
A Comisión do congreso do Centenario do Seminario de Estudos Galegos está a traballar na elaboración do programa, que terá lugar no mes de outubro de 2023, coincidindo co aniversario do nacemento do SEG. Este congreso científico centrarase na importancia do SEG no seu momento, as súas vicisitudes históricas, o impacto na cultura de Galicia do século XX e a vixencia do seu legado. As intervencións previstas abordarán cuestións como o contexto histórico, a traxectoria, a sociedade galega do seu tempo ou o herdo do SEG, así e como as súas achegas ao estudo da etnografía, historia, artes, ciencias naturais, filoloxía ou historia da literatura.
Lugar: Consello da Cultura Galega
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Consello da Cultura Galega
Máis info:Web / Correo / 981957202
MESAS REDONDAS
11/10/2023 - 29/11/2023Faíscas Culturais "Saber de Nós. Unha ollada ao SEG no centenario da súa creación"
Programa de aulas abertas e mesas redondas en diferentes facultades da USC para achegarse ao SEG desde diferentes perspectivas.
Lugar: Facultades da USC
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela
Máis info:Web / Telf: 881999741 / Correo electrónico
ANDAINA
12/10/2023Andaina de Compostela ao Castro de Ortoño
A data do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos conmemorarase camiñando desde Santiago de Compostela ata o castro de Ortoño.
O 12 de outubro de 1923 Fermín Bouza-Brey, Xosé F. Filgueira Valverde, Xosé Pena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Lois Tobío e Alberto Vidán Freiría saen de Compostela camiño do castro de Ortoño, lugar da nenez de Rosalía de Castro, e alí conciben a idea de constituír un grupo consagrado á investigación da cultura galega. A eles súmanse axiña Xulián Magariños Negreira, Ramón Martínez López e Francisco Romero Lema para asinar a constitución formal do Seminario de Estudos Galegos, baixo a presidencia de Armando Cotarelo Valledor.
Lugar: Castro de Ortoño
Localidade: Ames
Organiza: Concello de Ames. Concello de Santiago de Compostela. Museo do Pobo Galego. Universidade de Santiago de Compostela
Máis info:Web / Correo / 981583620
CALENDARIO
12/10/2023Calendario do Libro e da Lectura de Galicia
O Calendario do Libro e da Lectura de Galicia 2023 incorpora a conmemoración do centenario da constitución do Seminario de Estudos de Galicia o 12 de outubro, coincidindo coa data da xuntanza de creación do Seminario. As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia e as integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia realizarán actividades para celebrar dito centenario.
Lugar: Bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia
Organiza: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia)
Máis info:Web / Telf: 881999741 / Correo electrónico
EXPOSICIÓN
17/10/2023O futuro dun legado. O museo de Galicia
Un percorrido polas pezas que pertenceron ao "Museo" do SEG e que agora forman parte da exposición permanente do Museo do Pobo Galego
Lugar: Exposición permanente do Museo do Pobo Galego
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Museo do Pobo Galego
Máis info: Web / Telf: 981583620 / secretaria@museodopobo.gal
XORNADAS
20/10/2023 e 27/10/2023Centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023). Un longo camiño por percorrer
En conmemoración do Centenario do Seminario de Estudos celebranse dúas xornadas de estudo e reflexión. Na primeira, o 20 de outubro, levaranse a cabo unha serie de palestras para contextualizar as achegas do SEG dende diversos puntos de vista, con especial atención ao contexto educativo enmarcado na escola do século XXI. Na segunda, que terá lugar no Pazo de Trasalba o 27 de outubro, realizarase unha visita da Casa Museo de Otero Pedrayo e da súa contorna, así como a presentación do libro sobre Carmiña Sierra (a primeira muller do SEG) da autoría de Aurora Marco. Para finalizar as xornadas haberá un visionado da película-documental Pelerinaxes e un concerto acústico a cargo da banda galega Ruxe-Ruxe.
Lugar: Auditorio Emilia Pardo Bazán (Facultade de Educación e do Traballo Social) (Ourense) - Casa Museo de Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro)
Organiza: Facultade de Educación e do Traballo Social - Universidade de Vigo (Campus Ourense)
Máis info:Web / Correo electrónico
TEATRO
27/10/2023Nove estudantes. O SEG na Facultade de Dereito
Posta en escea polo alumnado dun texto sobre o papel de alumnado e profesorado da Facultade de Dereito da USC no Seminario de Estudos Galegos.
Lugar: Salón de Graos. Facultade de Dereito. USC. Campus Vida
Organiza: Facultade de Dereito. Universidade de Santiago de Compostela
Máis info:Web / Correo electrónico
XORNADA
24/10/2023O Seminario de Estudos Galegos e as institucións de alta cultura do seu tempo
Esta xornada ten como obxectivo poñer en contexto a fundación do Seminario de Estudos Galegos, examinando as orixes e desenvolvemento de institucións similares en diferentes territorios ibéricos.
Lugar: Consello da Cultura Galega
Localidade: Santiago de Compostela
Organiza: Consello da Cultura Galega
Máis info:Correo / 981957202
PRESENTACIÓN
26/10/2023-27/10/2023O Seminario de Estudos Galegos en Pontevedra
Ciclo de conferencias cun repaso sobre as figuras máis siñificativas do SEG en Pontevedra, en sesións monográficas sobre Castelao, Filgueira Valverde, Antonio Iglesias Vilarelle, Ramón Sobrino Buhigas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Javier Sánchez Cantón, Sebastián González García-Paz , e participación de mulleres pontevedresas no Seminario
Lugar: Museo de Pontevedra
Localidade: Pontevedra
Organiza: Museo de Pontevedra
Máis info:Web / Correo electrónico
PUBLICACIÓN
10/2023Publicación do libro Terras do Deza
Publicación de Terras do Deza, que difunde os traballos de recollida que os membros do SEG fixeron na Comarca do Deza e que estaban en proceso de edición cando este se disolve antes da Guerra Civil.
Organiza: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Máis info:Web / Correo /881-996301