Fondos audiovisuais

----

Fondos audiovisuais

O Arquivo da Emigración Galega conserva un amplo arquivo fotográfico composto por máis de 13.000 documentos gráficos en diferentes soportes que actualmente están en fase de catalogación e dixitalización.


A temática destes fondos é moi variada, aínda que teñen unha maior presenza os aspectos referentes á emigración a América.

Consérvase unha pequena colección de carteis anunciadores e publicidade das compañías navieiras e de consignatarias de buques, postais da emigración etc.
Entre as temáticas das fotografías podemos destacar:

• A partida: barcos, portos, embarques, publicidades das compañías navieiras.
• A chegada: portos e cidades de acollida, retratos familiares.
• A inserción: negocios de emigrantes, traballadores, asociacionismo (celebracións, xuntas directivas, instalacións, actividades educativas e culturais…)
• Obras financiadas dende e pola emigración.
• Retorno: indianos, fotografías de particulares, negocios.
• Retratos de persoeiros da cultura galega e da colectividade emigrante.
• Edificios escolares fundados por indianos ou por asociacións instrutivas en Galicia.

Outra das actividades é a recuperación do cine da emigración; en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe, participamos na restauración das películas de José Gil, Galicia y Buenos Aires e Nuestras fiestas de allá.

Recomendamos: