A relación entre arte e espazo público significouse historicamente, e segue presentándose na actualidade, como unha das grandes e complexas problemáticas da cultura contemporánea. Desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega achegámonos a esta realidade comprendéndoa como un pretexto para a reflexión, un laboratorio de traballo na busca dunha diagnose e unha análise de presente e futuro. Esta problemática non ten doadas nin únicas respostas e é máis acentuada no territorio galego, que, lonxe de proxectar posibles solucións ou vías de mellora, describe unha necesidade máis global de análise que afecta a outros ámbitos, necesitados de estudo, que oscilan desde as políticas culturais e os planeamentos urbanísticos até as novas actuacións artísticas.Estas cuestións son básicas en calquera estudo de realidades, contextos e proxectos da cultura contemporánea, e foron motivo de reflexión nas xornadas que, co mesmo nome deste informe, Arte + espazo público, tiveron lugar entre abril e decembro de 2009. O presente volume recolle as diferentes análises que xiraron sobre a cuestión e os modos interpretativos e disciplinares de abordala, que agardamos que activen un debate entre arte e espazo público, formulado como preguntas constantes sobre a nosa relación responsable e programada co territorio. Cuestións sempre abertas e críticas da nosa cultura contemporánea.
Título | Arte + Espazo público |
Edición |
María Luisa Sobrino Manzanares Natalia Poncela |
Conferencia |
Nelson Brissac Pablo Gallego Picard Sophie Hope Rogelio López Cuenca Simón Marchán Francesc Muñoz Xosé Manuel Rosales Javier Tudela |
Textos |
Camilo Franco Carme Nogueira Antón Patiño Pérez |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2011 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 87 p. : il. cor ; 28 cm. + 1 disco (DVD) |
Notas | O DVD contén: Documental Arte + Espazo público (duración: 31 min.) realizado por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez a partir dunha serie de reportaxes producidas para as Xornadas Internacionais Arte + Espazo público, que tiveron lugar entre abril e decembro de 2009 na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. |
ISBN | 978-84-92923-20-5 |
Depósito Legal | C 567-2011 |
CCG. Signatura | CCG 2011 397 |
DOI | 10.17075/amep.2010 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | documentos & informes; Núm:16 |
Evento |
Xornada. Arte + Arte + Espazo público. 22/4/2009. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
Materias | |
Código QR |
|
-
Do monumento á nova arte pública
-
Fraxilidade simbólica e a crise do monumento. Simón Marchán Fiz : O monumento : evanescencia dos referentes e fraxilidade simbólica
Simón Marchán
10.17075/amep.2010.001 -
O monumento performativo. Simón Marchán Fiz : O monumento : evanescencia dos referentes e fraxilidade simbólica
Simón Marchán
10.17075/amep.2010.002 -
A democratización do espazo público. Arte e políticas. Sophie Hope : A arte pública como estado mental
Sophie Hope
10.17075/amep.2010.003
-
Fraxilidade simbólica e a crise do monumento. Simón Marchán Fiz : O monumento : evanescencia dos referentes e fraxilidade simbólica
-
Redefinindo a cidade. Estratexias e prácticas
-
-
"Arte e espazo público en Galicia. Memoria, territorio e lugar. Pablo Gallego Picard, Xosé Manuel Rosales, Javier Tudela"
Pablo Gallego Picard
Xosé Manuel Rosales
Javier Tudela
10.17075/amep.2010.006 -
Escolma de textos
Camilo Franco
Carme Nogueira
Antón Patiño Pérez
-
Bibliografía específica
-
Currículos
-
"Arte e espazo público en Galicia. Memoria, territorio e lugar. Pablo Gallego Picard, Xosé Manuel Rosales, Javier Tudela"
Documental realizado por Daniel López Abel e Víctor E. Pérez:
Arte + Espazo público. (Duración: 31 min.)