Nun traballo coordinado por Xosé López, Rosa Aneiros e María Antonia Pérez Rodríguez, este volume recupera e analiza os artigos de Lorenzo Varela en sete relevantes revistas literarias de México e Arxentina e axuda a trazar a personalidade dun autor ata agora relativamente esquecido entre nós.
Este libro dá testemuño do esforzo dos exiliados galegos e, nomeadamente, das tarefas de Lorenzo Varela, a quen Galicia honra no Día das Letras Galegas 2005. A obra reflicte o seu alento, a súa capacidade para sobrepoñerse ás dificultades, a súa valía intelectual, manifestada a través dos textos sobre arte, literatura ou cine, e o seu compromiso político. O Consello da Cultura Galega súmase con esta publicación á conmemoración das Letras Galegas e ao recoñecemento e á homenaxe que, desde a persoa e a obra de Lorenzo Varela, supón a obra de exiliados e emigrantes.

| Título | Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires Taller, Romance, Letras de México, de Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Sur |
| Autoría |
Lorenzo Varela |
| Coordinación |
Xosé López García Rosa Aneiros |
| Compilación |
María Antonia Pérez Rodríguez |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación, 2005 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 558 p. : il. br. e n. ; 24 cm. |
| ISBN | 84-95415-03-8 |
| Depósito Legal | C 1077-2005 |
| CCG. Signatura | CCG 2005 279 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Base |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)