Esta nova entrega da colección As Nosas Voces é unha selección de fragmentos de diversos documentos do Arquivo Sonoro de Galicia nos que se recollen varias intervencións procedentes do programa Parladoiro da Radio Galega realizado en 1985. Así mesmo, extractos dunha conversa mantida na súa casa da rúa da Paz en Ourense, en 1984, por Xocas cos alumnos do Colexio As Lagoas I por iniciativa do seu profesor Manuel Guede Oliva, así como dúas entrevistas xa editadas en 1995 co gallo do Centenario do Museo Arqueolóxico de Ourense, levadas a cabo por Alfredo Vara en 1987 e por Afonso Vázquez-Monxardín en 1979.

A selección fíxose atendendo a criterios de interese histórico e ao valor emocional de distintas apreciacións, tanto pertencentes á experiencia vital do etnógrafo e galeguista, como dende unha perspectiva colectiva, con opinións e análises propios de quen posuíu unha excepcional clarividencia das dinámicas sociopolíticas do noso país.

A transcrición dos documentos sonoros que se acompaña está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Título Xaquín Lorenzo, Xocas
Autoría Xaquín Lorenzo Fernández
Coordinación Rodrigo Romaní
Limiar Afonso Vázquez-Monxardín
Transcrición Cristina Pujales
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2004
Edición 1ª edición
Descrición física 1 disco (CD-DA)(1:08:28 min.) ; 12 cm + 1 libro.
Notas Fontes dos documentos sonoras: Entrevista Parladoiro-Radio Galega: 1, 3, 5, 6, 11, 12, 13 ; Entrevista Manuel Guede Oliva: 2, 4, 7, 8, 9 ; Entrevista Alfredo Vara: 14 ; Entrevista Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández.
ISBN 84-95415-83-6 (Libro)
Depósito Legal VG 344-2004
CCG. Signatura CCG 2004 170; ASG-CD-L-0060
Url externa pdf en liña
Colección As nosas voces; Núm:20
Materias
Áreas
Código QR
qr code
# Pista
1 A vida que Deus me deu
2 O que eu fixen
3 Fundirse na paisaxe
4 A etnografía
5 O carballo da Portela
6 O pobo e a xente
7 O trato cos campesiños
8 A educación
9 As relacións Otero Pedrayo - Risco
10 O froito da Xeracion Nós
11 Losada Diéguez
12 Fame e armamento
13 O idioma galego
14 Infancia e adolescencia
15 Nós e o Museo do Pobo Galego