Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 – Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer.
Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.
A través dela descóbrese o relato dun persoeiro que vai máis alá de ser o fundador e director literario de Céltiga, unha das máis importantes revistas da emigración galega en América. Compílase unha nutrida representación dos seus escritos en prosa e en verso, asinados co seu nome ou baixo pseudónimos (Xandomar, Critias...), que permiten debuxar un home fondamente asentado na terra, un observador minucioso, culto e fondamente galeguista, dotado a partes iguais dun estilo irónico e crítico. Un escritor tenaz que teceu unha ponte entre o Río da Prata, polo que navegou, e o río Eo, no que se criou.

| Título | Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata) |
| Edición |
Sylvia Pulpeiro Pablo Rodríguez Fernández |
| Obxecto de estudo |
Eliseo Pulpeiro |
| Presentación |
Antonio Rodríguez Miranda Ramón Villares |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2016 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 292 p. : il. ; 24 cm. |
| ISBN | 978-84-92923-66-3 |
| Depósito Legal | C 142-2016 |
| Url externa | pdf en liña |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Estudos Migratorios |
| Evento |
Actividade institucional. Libro «Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras» de Sylvia Pulpeiro. //. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)