O desenvolvemento deste informe suscitouse pola necesidade de aproximarse a un fenómeno sociolingüístico que caracteriza a presenza social e a utilización do galego na mocidade. Como se sabe de estudos precedentes, malia que a mocidade semella ter unha boa imaxe da lingua, a súa disposición a falar galego é cada vez menor. Podería sintetizarse como unha disociación entre unhas actitudes positivas cara á lingua e un nivel discreto e decrecente do seu uso. En primeira instancia, esta investigación pretende indagar as causas desa desgaleguización da mocidade. Xa que logo, o obxecto de estudo deste traballo son as opinións e actitudes que ten a mocidade sobre o galego e a súa disposición a usalo.
[Data da nota de prensa: abril 2017]
Título | Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia |
Coordinación |
Rosario Álvarez |
Asesoramento |
Xaquín Loredo Gutiérrez |
Comisión técnica |
Mauro Fernández Rodríguez Valentina Formoso Gosende Henrique Monteagudo Fernando Ramallo Bieito Silva Valdivia |
Equipo técnico |
Purificación Carballo Pérez Håkan Casares María Concepción Díaz-Fierros |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 128 p. : gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel |
Depósito Legal | Carece |
DOI | Carece |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O CCG presenta un estudo sobre as actitudes sobre a lingua galega entre a mocidade [Data da nota: 10/4/2017].