A teoría da relatividade restrinxida e xeral supón un dos cumios da capacidade intelectual do ser humano. Reformulou os conceptos de espazo e tempo, a comprensión da orixe e evolución do Universo, e propiciou a entrada na era nuclear. Para os historiadores de dentro duns séculos esta fazaña do xenial físico Albert Einstein será un dos fitos do século XX.
Hai multitude de libros divulgativos sobre ela, pero este ten o decisivo valor de ser escrito polo mesmo Einstein en 1916, ano seguinte ao de presentación da relatividade xeral.
O esforzo do autor por chegar a un público amplo queda patente na linguaxe e didáctica empregadas, pensadas para achegarse á persoa que pasa as páxinas e evitar complexidades matemáticas. Estrutúrase en dúas metades, unha para a relatividade restrinxida e outra para a xeral.
Grazas ao Consello da Cultura Galega, unha obra desta magnitude ve agora a luz en galego, incorporando dúas pezas introdutorias e a versión facsimilar. Tradúcese a primeira das edicións, que foi publicada en 1917, antes da espectacular observación en 1919 da curvatura da luz por efectos gravitatorios, o que supuxo a primeira confirmación das predicións da relatividade xeral e catapultou a Einstein a unha popularidade global.

[Data da nota de prensa: xuño 2017]

Título Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral
(De fácil comprensión)
Autoría Albert Einstein
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Jorge Mira Pérez
Autoría Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Jorge Mira Pérez
Obxecto de estudo Albert Einstein
Presentación Ramón Villares
Tradución Patricia Buján Otero
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017
Edición 1ª edición
Descrición física 206 p.; 24 cm.
Notas Título orixinal: Über die spezielle und die allgemeine Relativitätstheorie (Gemeinverständlich) 1917 (1.ª edición), Braunschweig, Vieweg & Sohn. Facsímile dixital do Max Planck Institute for the History of Science (Berlín), baixo licenza CC-BY-SA 3.0 DE.

Imaxe da cuberta: Albert Einstein en Viena, en 1921, fotografía de F. Schmutzer (Biblioteca Nacional de Austria), reproducida na Wikipedia
ISBN 978-84-92923-83-0
Depósito Legal C 317-2017
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Materias
Código QR
qr code
Gabinete de comunicación

Traducida ao galego a teoría da relatividade de Albert Einstein [Data da nota: 23/6/2017].

O día que Einstein falou galego [Data da nota: 18/4/2020].