O ano 2017 cumpríronse dous séculos do momento en que o matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) iniciou a elaboración da súa magna obra, a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do noso territorio, que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas. Por iso é un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia.
Co gallo desta efeméride, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega decidiu preparar un material didáctico que axudase a difundir a relevante contribución de Fontán entre o público xeral e o escolar.

Título | Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia : unidade didáctica |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición, 1ª reimpresión |
Descrición física | 60 p.: il., cor.; 16 cm. |
Notas | Álbum da Ciencia 1ª edición, 2018 |
ISBN | 978-84-92923-92-2 |
Depósito Legal | C 807-2018 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |
|