Unos años de emigración en Buenos Aires (1917) constitúe a primeira obra en prosa de Luis Sánchez Abal.
Encadrábel no xénero da novela de quiosco, e con claras inspiracións autobiográficas, descríbese nela a andaina vital dun novo inmigrante, Aurelio Monterrey, quen traballa primeiro no comercio e despois tenta conseguir un oco no panorama literario e xornalístico. Conforme coñece a sociedade porteña e a colectividade galega, desenvolve unha postura crítica cara aos inmigrantes e as súas asociacións e festas, e experimenta unha fonda desilusión coas súas expectativas primixenias. Ao final, Aurelio decide voltar a Galicia, non sen un pouso de señardade polos seus anos de formación vital na metrópole austral.

[Data da nota de prensa: febreiro 2025]

Título años de emigración en Buenos Aires, Unos
Autoría Luis Sánchez Abal
Estudo introdutorio Ruy Farías
Xosé M. Núñez Seixas
Presentación Rosario Álvarez Blanco
Antonio Rodríguez Miranda
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2024
Edición 1ª edición
Descrición física 43 , 56 p ; 21 cm
Notas Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación/ por Antonio Rodríguez Miranda; 3.-Luis Sánchez Abal: anotacións sobre a vida e obra dun xornalista galego en Bos Aires, 1912-1957/ [estudo introdutorio de] Xosé M. Núñez Seixas e Ruy Farías Iglesias; 4.- Facsímile: Unos años de emigración en Buenos Aires /Luis Sánchez Abal
ISBN 978-84-17802-69-1
Depósito Legal C 1907-2024
Url externa Catálogo RBG
Colección Clásicos da Emigración
Evento Publicación.
Unos años de emigración en Buenos Aires. Clásicos da Emigración
//. . Consellodacultura.gal
Materias
Áreas
Código QR
qr code