Presentamos a edición do catálogo da biblioteca persoal de Martín Sarmiento, baseada no manuscrito autógrafo que se custodia na Real Academia de la Historia de Madrid (Ms. 9-1829). O autor elaborou este catálogo arredor de 1748, no tempo en que preparaba o Catálogo de algunos libros curiosos y selectos, para la librería de algún particular, que desee comprar tres o cuatro mil tomos, a petición do seu paisano o pontevedrés Luís Mosquera. Nos anos seguintes incrementouno, engadindo as adquisicións que foi realizando ata o seu pasamento. Deste xeito, no catálogo preséntanse arredor de 4500 títulos da súa biblioteca, que atinxiu, segundo os seus propios cálculos, uns seis mil volumes. Trátase, pois, dunha obra que presenta unha panorámica dos seus vastísimos saberes e dá idea da profundidade da súa erudición, esencial para coñecer os fundamentos do seu pensamento e da súa obra.

[Data da nota de prensa: marzo 2026]

Título Catálogo da biblioteca de Martín Sarmiento.
Segundo o manuscrito autógrafo
Autoría Frei Martín Sarmiento
Edición Henrique Monteagudo
Edición Xosé Antonio López Silva
Transcrición Rafael López Loureiro
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2026
Edición 1ª edición
Descrición física 414 p.: il., cor. (Edición dixital)
Notas Esta edición forma parte do proxecto «Obras de Martín Sarmiento»
Imaxe da cuberta:
Detalle da ilustración da cuberta do libro de Scipione Gentili Opera omnia (Jean Gravier, Nápoles, 1763)
DOI 10.17075/cbms.2026
Materias
Código QR
qr code